Cupcakes en Compostela

Disque as puxeron de moda as de ‘Sexo en Nova Iorq’, que contaban as súas penas mentres devoraban cupcakes de Magnolia Bakery, un local da cidade especializado nestas madaleniñas recubertas dunha doce cobertura de cores brillantes. Nos últimos meses, convertéronse nun clásico en cidades como Barcelona e Madrid, onde hai incluso unha tenda que unicamente vende cupcakes. E, por suposto, tamén cruzaron o telón de grelos e se asentaron en Galicia.

As cupcakes chegaron a Compostela e están no lugar máis sorprendente que vos podades imaxinar, o que lle da un toque santiagués que as fai aínda máis cool. Na entrada do barrio de Conxo, na panadería Cervela (a clásica panadería pastelería de barrio, que vende empanada, pan variado, roscas e outras delicatessen típicas), está o epicentro do mundo cupcakes santiagués.

Custan 1,75 euros cada unha delas (un prezo lixeiramente máis baixo que o das súas homólogas madrileñas ou barcelonesas, onde rondan á alza os dous euros) e véndense moi ben, como explica a dependenta. As cupcakes compostelás están a coñecer o éxito.

Ademais de achegarse ata Conxo para facerse con este tan de moda manxar, as cupcakes poden encargarse para ocasións especiais. “Hai pouco viñeron encargalas para unha voda”, explícannos. “En vez de dar o detalle de sempre, deron unha cupcake aos invitados”.

A Panadería Cervela está na Avenida de Vilagarcía, en Santiago, aínda que tamén pódese atopar en Caldas de Reis, Cuntis e A Estrada (o seu lugar de orixe). E segundo explican na súa web, alí tamén hai a vender cupcakes.

Fotos | Disquecool

Shares

7 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *