Chegou o momento! Tras varios días de deliberacións, anunciamos os proxectos seleccionados para a noite Off Culturgal, que se celebrará o xoves 1 de decembro ás 22 horas na Sala Karma en Pontevedra (entrada gratuíta ata completar aforamento!), como anticipo da cuarta edición da Feira das Industrias Culturais, Culturgal.
Antes de nada queremos dar as grazas a todas as persoas que presentaron as súas ideas e proxectos. Resultou moi difícil realizar a selección, o cal dá conta da cantidade de iniciativas interesantes que se están a desenvolver en Galicia. Parabéns a todos/as!
Velaquí os participantes seleccionados:
– Asociación Cultural Sen Marco. Algo máis de cor. Terapia Habitación de Hospital. (ARTE)
– Clara Castro Peccis. Direiche quen es, unha proposta documental acerca da socioloxía do vestir. (AUDIOVISUAL)
– Sentinel Wardrobe. Sacred Peak 2012. (EVENTOS)
– Coro da Rá. Concertos Comando. (MÚSICA)
– Adriana Filgueiras (Una gallega en la luna). A reutilización no deseño: mobles de cartón. (DESEÑO)
– El Halcón Milenario. Presentación do proxecto cultural El Halcón Milenario. (ARTE)
– Imaisde. Enxeñería creativa aplicada na arquitectura efémera: Calzados Victoria. (ARQUITECTURA EFÉMERA)
– Abastos 2.0 + Ramón Escuredo. Do concepto á mesa, unha viaxe en imaxes a través da vida dun prato. (GASTRONOMÍA E FOTOGRAFÍA)
– Rocío Vázquez. Mil a Gritos Showroom. (EVENTOS)
– Verónica Gallego e Ondrej Fabian. Presentación de proxectos arquitectónicos. (ARQUITECTURA)
– Pulpiño Viascón. Interpretación de singulares instrumentos como o Serrucho Musical, o Zendrum ou o iPad. (MÚSICA)
Como xa vos avanzamos o Off Culturgal consistirá nunha sesión de presentacións en formato Pecha Kucha: 20 imaxes, cada unha das cales ten unha duración de 20 segundos. Este formato, nado en Xapón en 2003, permite manter un nivel de interese e atención alto mediante presentacións moi concisas (6 minutos e 40 s. cada unha), e favorece un clima informal e divertido no que persoas creativas poidan compartir as súas ideas e proxectos.
Ide anotando o día nas vosas axendas. Vémonos o 1 de decembro en Pontevedra!
Ali estarei! Soan fantasticas todas as propostas! (Ainda non sei ponher tildes con este aparato…)
Me ha gustado, todos los proyectos son interesantes, de verdad.