Os xerseis máis famosos da televisión, recompilados nun blog

 

Para moitos, os xerseis de Bill Cosby son sinónimo dunha época, dos rechamantes anos 80 e 90, cos seus estampados imposibles e cores que foxen da discreción. ‘The Cosby Sweater Project’ recupera ese espírito nun blog que recompila os xerseis máis famosos da televisión, os do coñecido show de Bill Cosby.

Recoméndoche unha viaxe a través dos seus xeométricos deseños. Cada imaxe dos xerseis acompáñase dun debuxo dos estampados, e a verdade é que vistos así gañan bastante.

O blog non so se detén en Bill Cosby, senón que fai un repaso ao resto dos membros da familia, que tampouco se quedaban atrás no uso das cores e estampados.

 

 

Fotos | The Cosby Sweater Project

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *