Non nos enganemos. Nada máis clásico do verán nalgunhas cidades galegas que a chuvia inesperada. Hoxe Galicia non está en alerta amarela polas chuvias, como outras cantas comunidades autónomas, pero poderá estalo en calquera momento.
A solución ante eses días de chuvia que ninguén agarda e lixeira baixada de temperaturas está no trench, o glamouroso nome en inglés (que queda máis trendy, claro) para o que as nosas avoas sempre chamaron gabardina. O trench de verano é ademais máis lixeiro, polo que ninguén acaba por morrer de calor levándoo enriba.
Para estar preparadas para ese día, aquí vai a lista dos trench que deberían/xa poderían estar en cada armario.
1. Kling. Esta é case unha aposta vintage. Pertence á colección de inverno de 2009 e é unha colorida e animada proposta. Rosa, con lunares de cores. Non está xa en puntos de venta, aínda que houbo quen o conseguiu con moita sorte nalgún outlet da marca.
A proposta de Kling para a presente temporada non é nin de lonxe igualmente estilosa, aínda que – por se este argumento acaba por convencer – está de oferta.
2. Zara. Un dos must da pasada temporada foron as capas, aínda que houbo (experiencia persoal…) quen quedou sen unha ou que non tivo moi claro como poñela mentres ía un frío do demo. Zara ten na súa colección actual en tendas e na eshop unha gabardina estupenda que mestura o mellor do trench e o mellor das capas.
Só está dispoñible neste color. Custa 69,95 euros.
3. Dolores Promesas. Dolores Promesas é unha desas marcas hiperfashionistas que non son dolorosamente caras: un pouco por riba dos prezos máis populares de Zara, pero non tan altos como para que non se poda converter nun capricho. A súa gabardina é rosa e ten manga francesa e custa 194 euros. Non hai tendas de Dolores Promesas en Galicia, pero sempre se pode botar man da tenda online.
4. Divina Providencia. Outra das marcas que se pode converter nun capricho alcanzable: 172 euros na tenda electrónica unha levita (que non é un trench pero pode valer para os días nos que as temperaturas baixaron de forma sorprendente) con botóns en forma de vermellos corazóns.
5. Burberry. Eles inventaron no século XIX a gabardina así que nunha antoloxía do trench non queda máis remedio que incluilos, aínda que claro está que non son aptos para todos os bolsillos. O trench clásico (botóns cruzados, cinto, color gabardina…) no fondo é made in Burberry, repetido ata a saciedade por todas as marcas de vestiario.
Este modelo está en cor marrón, negra e gabardina; totalmente a proba de chuvia e cun precio que é o salario mensual de moita xente. Custa 1.195 euros, na tenda online para España de Burberry.
Fotos |DRB62 (portada), Zara, Kling, Burberry, Divina Providencia, Dolores Promesas