Tendencias ou tentacións? Como sobrevivir ao color-block

Lookbook de Zara

O risco de entrar nunha tenda estes días e saír con máis cores que o arco da vella na mesma camiseta é máis que elevado. Falo de risco porque veñen apostas fortes esta primavera, un monocromatismo que recorda ás obras do contradictorio Yves Klein (que deu o nome a un tipo de cor azul e que agora se coñece co alcume de azul style) e unhas raias que transgriden o ámbito tradicional mariñeiro.

Esta temporada, Zara é o altar perfecto para que todas as economías medias accedan ao monocromatismo que ensaiaron tamén os artistas do grupo ZERO en Alemania ou Mark Rothko nos Estados Unidos. Nada máis entrar, os ollos non serán quen de discernir, polo que a primeira recomendación que deixo aquí é ir prenda a prenda.

Primeiras impresións á marxe, o perigo está en querer poñer o mesmo ca un maniquí ao saíres da tenda, pero hai que ter en conta que as cores só se poden levar se estás convencido de que serás o suficientemente atrevido para facelo. Coma diría o outro (sinónimo de disque), algo que ‘te pegue’.

Se dubidas ou es novato no monocromatismo e nas formas xeométricas suavizadas (non son tan pronunciadas como as que houbo hai uns catro anos), pero che gusta seguir as novidades, o mellor é que comeces con cores frías coma o azul ou o verde, ou te deixes levar por prendas soltas en rosa (un xerxei croché (os de grandes calados) é unha gran opción).

Deixa o laranxa para as e os profesionais, xa que é unha cor que despreciarás ás tres veces de poñela se non che ten conquistado o corazón de antemán.

Quen non visitara o Pomipidou parisino, a Tate Moderm londinense ou o Moma neoiorquino é susceptible de saír esta temporada feito ‘un cuadro’. Por iso, ser cool tamén é saber escoller, porque as tendencias son tentacións, mais tamén son negociables.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *