Patty Difusa: xoiería de hoxe con materiais totalmente retro

Un novo descubrimento para o mundo da xoiería retro: acabamos de atopar a Patty Difusa, unhas irmás que pasaron da arquitectura e a economía ao mundo do deseño de xoias de inspiración vintage.

“Ámbalas dúas traballamos moito tempo nas nosas profesións”, explica por email Julia, unha das dúas responsables de Patty Difusa. “Despois de vivir durante uns meses nun pobo do Sur de Inglaterra cheo de tendas de antigüidades e de cafés e tendas pequenas de sabor moi romántico tiñamos a idea de facer algo así noso”.

Broches, aneis, pulseras, colares… son os diferentes complementos que asinan en Patty Difusa, sempre contando como base “pezas antigas de resina e de cristal gra bado, pedras de cristal checo ou pedras semipreciosas”. “O noso material predilecto é o cristal grabado xaponés da época da ocupación, porque ten un traballo marabilloso”, explica Julia. A súa inspiración chega dende os deseños da xoiería de hai anos, coa década dos 50 como favorita.

Patty Difusa non produce a gran escala. As dúas responsables son as encargadas do deseño e de montar cada unha das pezas elas mesmas. Ademais empregan pezas antigas para facer os seus modelos, polo que dependen moito dos stocks de fábrica conseguidos para establecer a súa produción.

*Patty Difusa vende na rede e manda a toda España os seus deseños por correo certificado

*Outra opción de xoiería retro moderna é El Armario de Lulú

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *