El Armario de Lulú, ou como ser retro nos tempos do ecommerce

Ser retro está de moda. Lévase. Varias son as firmas que están dándolle un toque vintage ós seus productos. ¿Non poder ter un broche da túa bisavoa? Sempre podes tirar de internet e pedir, eBay mediante, unha fermosa máquina de escribir de inspiración retro.

Les Jumelles, coas súas pezas únicas, son das máis coñecidas, pero El Armario de Lulú tamén teñen o seu nome. As bloggers de moda coñéceno bastante. Acaban de firmar con The Extreme Collection, unha firma de moda british e non low cost. El Armario de Lulú pón os broches que chaquetas e camisetas levan na última das súas coleccións.

Aínda que os complementos de El Armario de Lulú (pendentes, broches…) poden atoparse en algúns puntos de venta (non moitos) o máis sinxelo é compralos directamente online, na súa tenda na rede. Son moi eficientes e moi rápidos. E, a diferencia dos servicios de ecommerce das grandes marcas do sector, os envíos son mínimamente bonitos. Coidanos.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *