Non son unha auténtica novidade. Levan xa algún tempo dando voltas pola rede, pero nunca está de máis recuperalos. Son os zapatos máis doces do mercado: fírmaos a deseñadora bosnia Belma Arnautović. Foron o seu traballo de postgrado e chámanse Lolic. E pronto saltaron dende Saraievo aos blogs. Non é para menos: Arnautović fixo os seus zapatos… con doces.
A deseñadora incorpora aos zapatos diferentes gominolas, caramelos e outras lambetadas. Os tacóns convértense así en doces bastonciños de caramelo sacados da mellor película navideña made in USA. O modelo dos bastonciños é, sen dúbida, o máis poñible de toda a colección.
Os modelos con caramelos parecen lixeiramente máis pesados, aínda que a prensa local prometa que son completamente poñibles.
Fotos: Radio Sarajevo e perfil en Facebook da deseñadora
Na vida!!! … E se tes fame, mal asunto!! xD