‘New Dress a Day’: un blog de roupa DIY

¿Cres que é necesario ser rico para poder comprar roupa nova cada día? Marisa Lynch faino por menos do que che custa un café. Exactamente, gasta un dólar (menos dun euro) cada día en facerse cun vestido vintage (ou saia, ou camiseta ou o que sexa) nos mercadiños de segunda man e despois corre a contarnos como convertir ese trapo nun flamante e moi novo traxe cool.

Contánolo en ‘New dress a day‘, un blog de fama plenamente merecida. Alí, nun primeiro post declara que instalada na crise dos “case teño 30 anos e acaban de botarme do traballo” viu a película de Julie&Julia e serviulle de inspiración. ¡O que ela necesitaba era dar renda solta á súa creatividade! ¿Como? Facendo o que máis lle gustaba, mercar roupa e transformala. Tiña por diante 365 días e 365 dólares para mostrarnos as súas ideas (ao final acabaron converténdose en ano e medio e segue) e non pensaba comprar absolutamente nada que lle custase máis dun dólar.

Os seus posts poden resultar de moita utilidade se es o suficientemente mañoso para ser fan dos DIY, xa que explica a conversión paso a paso (e ben ilustrado con fotos). O resultado é fantástico non só polo seu traballo e pola vista de aguia para seleccionar as roupas, senón, sobre todo, porque é quen de conseguir vestir como todos queremos (orixinal e superpersonalizadamente) a moi bo prezo.

Polo demais anotemos a ensinanza: aproveitar as crises para sacar partido da nosa creatividade e xamais mercar roupa cara para distinguirnos, mais adaptar as prendas máis baratas.

Fotos vía: New Dress a Day

Shares

    Etiquetas

    2 comentarios

    • Mar di:

      Parece incríble vendo o feas que son as prendas, que consiga cousas tan chulas e divertidas. Agora mesmo collo as tixeiras e a máquina de coser e empezo a rebuscar no trasteiro!!

    • Cris di:

      ¡Ti que podes, deberías! Eu cando vexo estas cousas sempre penso que teño que aprender a facer algo coas miñas mans…

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *