Rosa, manga e personaxes de banda deseñada para os días de sol

‘Think pink!’, ‘Ghost World’ e ‘Manga!’ son as novas propostas de estilo de Kling para este verán 2011, que xa podes consultar na súa web.

A firma de roupa invítanos a pensar en rosa durante a época estival, con vestidos mini, camisetas e bolsos en rosa pálido. A obsesión por esta cor vai máis alá, con cabelos salpicados de rosa.

Se es fan de ‘Sailor Moon’ e o manga estás de sorte porque Kling tamén propón looks de colexialas, con saias curtas combinadas con camisetas de raias, vestidos de dúas pezas con reminiscencias escolares e maletíns sen deberes.

Enid, protagonista do clásico de culto ‘Ghost World’, inspira a última das propostas. Gafas de pasta, cores azuis e un toque adolescente para un estilo de banda deseñada.

 

Fotos | Kling

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *