Foursquare fai amigos: chega Scoville

Scoville é unha medida de picor dos chiles ou guindillas que utilizan moitas salsas de picantes, pero agora é ademais sinónimo dunha especie de amigo de Foursquare que che axudará a compartir os teus lugares favoritos e descubrir outros novos.

Segundo explican na súa web o obxectivo é axudar aos usuarios a descubrir polo menos un lugar interesante cada semana, proporcionando un xeito sinxelo de compartir coa comunidade os sitios que máis che gustan.

Se es usuario de Foursquare xa podes acceder á versión beta de Scoville e comezar a destacar os teus check-in favoritos da semana. Cada martes, sempre que así o decidas, Scoville publicará os teus lugares preferentes co hashtag #toptuesday en Twitter. Incluso podes deixalo programado con antelación.

A partir desta información, Scoville “aplica un pouco de maxia” e recoméndache novos sitios cool que descubrir.

O máis interesante desta nova aplicación son as posibilidades que se abren para os establecementos. Xa hai varios locais que se animan a invitar aos clientes que fan check-in ou se converten en mayor a un café ou unha magdalena. Agora o reto é conseguir aparecer nos #toptuesday de cada semana e ser os favoritos da comunidade.

En Disquecool xa estamos preparando os nosos #toptuesday…

Fotos | Scoville

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará