Twaggies: tweets debuxados

Es demasiado preguiceiro mesmo para ler relatos curtos? De pequeno pasabas as follas dos contos e relatabas a historia segundo o que vías nos debuxos? Twaggies está pensado para ti!

E que diantres é Twaggies, preguntarasche inquieto. É un proxecto que xurdiu en 2009 de man de David Israel e Kiersten Essenpreis (en colaboración con outros artistas gráficos) co obxectivo de ilustrar os tweets máis raros, divertidos ou enigmáticos. Pero se os tweets son moi curtos, que os pode ler calquera, que por iso teñen tanto éxito! Si, pero é que Twaggies é un proxecto artístico, ou como eles o chaman: cómic crowdsourced.


Ao mesmo tempo, os twaggies tamén funcionan como parodia da popularidade dos social media, xa que os debuxos, lonxe de ser bonitiños, en moitos casos rozan o grotesco, burlándose da nosa fascinación por útiles coma o Twitter.

Unha pena, porque eu prefeferíriaos en versión debuxo naif, unha simple traslación dese material escrito e espontáneo a un nivel gráfico. Sen embargo en twaggies, gozo moito máis dalgúns dos tweets escollidos que da súa ilustración.

Pero se vós sodes máis modernos, que saibades que tamén venden  a súa obra: camisetas e cadros co twaggie da túa elección.

 

Fotos | Twaggies

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *