Xa non necesitarás entrar no probador acompañado/a. Na renovada tenda da Praza de Lugo (A Coruña) de Pull & Bear, que o grupo Inditex denomina como 2.0, os teus amigos poden recomendar se esas prendas que estás a probar merecen o seu aprobado, a través de Facebook!
O invento denomínase P&B 2.0 Studio e consiste nun pequeno plató onde os clientes poden facerse unha foto coa roupa que están a probar. A través dunha pantalla vertical de 40 pulgadas poden subir a imaxe ao seu perfil de Facebook e deste modo coñecer que opinan os seus amigos.
As posibilidades 2.0 van máis alá. O P&B 2.0 Window permite aos transeúntes interactuar desde a rúa cuns vídeos que se amosan nunha pantalla e que se activan co movemento.
Ademais, o P&B 2.0 Room é unha zona con ordenadores e sofás, para tomarse un respiro, soltar as bolsas da compra e consultar a páxina web da marca, o blog e o perfil de Facebook.
A oferta complétase con P&B 2.0 Pad, pantallas táctiles repartidas polas dúas plantas da tenda que serven para acceder aos estilismos semanais da marca, lookbooks e e as principais prendas das tempadas. Ademais, cando en outono Pull & Bear abra a súa tenda online, será posible consultar a dispoñibilidade de artigos neste e outros establecementos, e realizar compras.
Neste vídeo, publicado no canal de Youtube da marca, podes ver a inauguración deste espazo, inspirado nos lofts neoyorquinos. A banda sonora correu a cargo do grupo británico Josh Beech & The Johns, e non faltaron os cócteles!
Foto | Pull & Bear