A nova vida dos palés

Cama de palésDecorar con palés é barato, creativo e práctico. Tres características fundamentais para facer da decoración con palés a tendencia decorativa das últimas tempadas (como xa vimos na decoración da Casa Taller, ou no mostrador feito con palés de do Mercado de la tía Ní).

Ademais, decorar con palés ten o encanto dos proxectos DIY (estás a facer algo que é realmente teu, fronte ao impersonalismo do imperio Ikea) e a poesía da reciclaxe. Quen sabe onde estivo antes ese castigado anaco de madeira, que mares sucou,  quen o tocou…poesía que se ve reforzada polo carácter industrial do palé. Unha peza funcional á que se lle dá unha nova oportunidade, esta vez, tamén no campo da estética.

Por todas estas razóns, estou segura de que xa tedes visto numerosos mobles feitos a través de palés. E por iso tamén, sei que vos apetece probar. Aquí vos deixo 6 boas razóns para facervos cuns palés e introducir un novo moble na casa.

1. Camas de palés

Os palés serven para crear estruturas de camas e cabeceiros… e debo recoñecer que poucas veces vin unha cama para nenos tan riquiña como a que vemos na foto de debaixo, de Lori Danelle. E custou menos de 100 euros (aínda que bastante traballo, iso si).

Camita de palés

2. Mesas de palés

Con palés teño visto mesas de todo tipo: de comer, de centro, de estudio, auxiliares, aquí vos deixo unha de inspiración oriental que vin en Esprit Cabane.

Mesita de palés

3. Andel de palés.

Ideais para dar un toque rústico-industrial á calquera estancia. Aproveitando a estrutura dos propios palés, quedan mobles de almacenaxe orixinais e moi decorativos. Visto en Unstitched (de onde tamén procede a foto de portada).

andeis palés

4. Parede de palés

As paredes de madeira resultan cálidas e acolledoras, e se son madeiras con carácter, aínda máis. Mesturando partes de diversos palés podes conseguir este efecto colorido e entrañable. Aprende a facelo en Pretty Handy Girl.

Parede de palés

5. Xardín vertical de palés

Xa este verán vimos que a reciclaxe era tendencia en xardinería. Mira que boa idea crear un soporte para testos con palés. En Life on the Balcony.

Xardín vertical

6. Decoración de Nadal con palés

Pero sen dúbida algunha, a proposta máis inesperada e divertida é a de crear unha árbore de Nadal con palés. Así, o Nadal poderá volver ser cool. De Wood wood stool.

Árbore de Nadal con palés

 

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *