Unha campaña publicitaria dunha ONG norueguesa acaba de empezar o seu camiño cara o viral. The Norwegian Heart and Lung Association converteu a de entrada encantadores animaliños de peluche en versións (inquietantes) dos ditadores. A idea non é a de facer que os máis pequenos xoguen con versións brandiñas e cuquis dos ditadores, senón concienciar (son unha organización especializada en enfermidades pulmonares) de que se estes bonecos non se lavan habitualmente poden ser especialmente malvados. Un pouco esaxerados? O único xeito de chamar a atención neste mundo cheo de mensaxes publicitarios?
Inquietantes peluches que son ditadores
Raquel C. Pico
Lectora entusiasta (e si, tamén de bestsellers pouco intelectuais ;) ) e xornalista. Escribo sobre moitas cousas en Disquecool e sobre libros e cousas literarias en Librópatas. Podes atoparme en @raquelpico , en GoodReads e en raquel@disquecool.com