Non existen realmente as lecturas de verán ou de praia, o que si existe é o tempo libre, as noites longas, os días pasados sobre unha hamaca, as vacacións e tantas outras cousas fantásticas, que supoñen, ademais, o momento perfecto para reencontrarse cun dos grandes praceres da vida: ler durante horas, sen interrupcións.
Porque para cada persoa hai unha lectura perfecta, cómpre facer este test e descubrir que libro da literatura galega debes meter na maleta – ou pór ao carón do sofá-. Hai clásicos e novidades, best sellers e obras de culto, títulos sobre todo tipo de temáticas e situacións. Atoparás a lectura que andabas buscando. E se resulta que che sae un libro que non te motiva, non nos botes a culpa a nós, é a túa personalidade.
Se a túa suxerencia sábeche a pouco, aquí tes unhas cantas moito máis descoñecidas.