Buscando lugares cool en Pontevedra

Pontevedra

O tren está de moda. Xa sexa porque é época electoral e hai que prometer cousas ou porque Raquel nos contou a súa aventura de ir a Portugal. Agora, que se queredes aventuras invítovos a venir dende Santander ata Pontevedra con transbordos en Palencia e Vigo. Pero o meu primeiro artigo en Disquecool non vai sobre señoras de Monforte con comida para alimentar a tres vagóns, nin sobre discusións acerca de se é normal ou non que un grupo de rapazas se poñan a rezar o rosario en voz alta de boa mañá. Isto vai sobre o resultado desa viaxe en tren: son novo en Pontevedra.

As primeiras conclusións que saca un cántabro ao chegar a estas terras son dúas: unha, que Galicia é moito máis grande do que un imaxina; dúas, que no mapa parece que estaba moito máis preto. Pasado o shock inicial, as semellanzas son máis que as diferenzas (non dá nin para tres apelidos cántabros) e á segunda Estrella con tapa, xa es un máis. Ai, as tapas.

Aínda que son de Santoña de toda a vida, a miña época universitaria –e a vida en xeral máis alá das festas de gardar– paseina en Santander. E alí móvome bastante ben. Cal é o plan? Un almorzo en La Gallofa? Un café no Días Desur? Un paseo pola Magdalena? Botar unha ollada ás novidades da Librería Gil? Achegarse á Nexus a comprar cómics? Unha hamburguesa no Nobrac? Un concerto no Opium ou no novo Niágara? Unhas cervexas polo Río de la Pila ou pola rúa do Carmen? Hai ANDN Club no Metropole?

O problema agora é que teño unha base de datos baleira e necesito enchela. E en quen podo confiar para esta tarefa? Dun lado, no criterio das redactoras de Disquecool, está claro, e doutro, no criterio dos seus lectores e seguidores. Así que entre visita a Idealista e a Fotocasa para atopar unha boa base de operacións, decidín pedirvos axuda para saber cales son os lugares máis cool da cidade do Lérez. A miña idea é quedar aquí un tempo, así que probablemente cando percorra as empedradas rúas de Pontevedra, empezarei a preguntarvos sobre outras cidades, porque agora todo está a tiro de pedra (ou de tren) e viaxar é unha das miñas aficións.

Estou seguro de que calquera recomendación será boa, pero se queredes saber algo máis de min, podo dicir que son un tipo normal, que o meu primeiro gran concerto foi un de Oasis e despois fun encadeando un Benicàssim con outro ata acabar nun Werchter. Un autónomo que deseña páxinas web e ao que lle encantan as croquetas, as patacas bravas e as hamburguesas (en realidade gústame todo, pero non me podo permitir certas cartas). Un rapaz feliz cada vez que nunha cidade atopa unha tenda de Converse e un local con promocións en Instagram ou Foursquare.

Con todo isto espero os vosos consellos nos comentarios e as redes sociais, prometo volver escribir para contar o que descubrín grazas a vós e facer unha pequena guía de lugares cool para novatos e non tan novatos. Veña, non me fagades quedar sen saír!

Shares

5 comentarios

  • Pedro di:

    Unas pocas cositas:
    Concierto en en Liceo Mutante
    Paseo por la ribera del Lerez hasta Monteporreiro
    Tomar un vermut en la Plaza de la Verdura
    Un licor café en El Increible Bar Menguante
    Visitar el edificio y los fondos del Museo Provincial

  • Peatón di:

    La Ultramar, restaurante de Pepe Vieira (una estrella Michelin) recientemente inaugurado en Pontevedra. Tapeo contemporáneo, taberna atlántica. Interiorismo a cargo de Soja Arquitectura, gráfica de rådar estudio.

  • Depontevedra di:

    Deixando a un lado as referencias que calquera che pode dar dos sitios e bares de toda a vida, unhas poucas recomendacions casequecools poderian ser:
    -Sitios novos onde comer fora do polbo-tortilla-calamares:O Recorcho, A tapería Dejavi, El Viajero del Norte.
    -Un italiano: Mare e monti
    -Para tomar unhas cervexas: Basset Beer Club, O’Grifón.
    -E uns viños: Bagos, Envero.
    -Copas e concertos: Pequeño Karma
    -Comics:libraria Paz
    -Roupa: Carnaby, e Bullit para deportivas.
    Case todas esta referencias están na zona vella que é onde máis me movo, polo que son moi doadas de atopar.Benvido e desfruta da cidade!

  • Manuls di:

    De terraceo: a Praza da Verdura
    Unhas tapas: Bar Sorpresa
    Unha cerveza: O Grifón
    Unha comida de aqui: Mesón o xamón
    Tomar algo de fora: Il Piccolo (galardonado como o mellor restaurante italiano de Europa fora de Italia)
    Un concerto tranquilo: Pequeño Karma
    Un concerto mais movido: Sala Karma
    Un gintonic: O Hama
    Un paseo: a zona vella, o paseo polo río Lérez, o paseo dos Gafos.
    Un sitio tranquilo: a Avenida Montero Ríos
    Algo de cultura: calquer edificio do Museo Provincial

  • Antía di:

    De foliada: Lusco e Fusco, nas cinco rúas. Cada noite da semana hai cousas: teatro improvisado, foliada, queimada de balde. Paga a pena

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *