Xa falamos aquí (unha e outra vez) do moito que nos gustan eses proxectos que melloran as cidades. Que fan dun espazo gris e sen personalidade, outro cheo de cor, cheo de humanidade. E cando a arte urbana mestúrase con algo que nos gusta aínda máis, como son os libros, o resultado é perfecto.
Se xa vimos hai uns anos o street art inspirado en cómics da cidade de Bruxelas, hoxe toca facer un repaso por distintos lugares do mundo, sempre en busca de debuxos inspirados nas lecturas: tanto da se representan escritores, personaxes de ficción o se simplemente homenaxean a beleza dos libros. Tanto da que formen parte dun plan municipal ou que xurdan da iniciativa inesperada dun particular. Tanto da que sexan grandes ou pequenos, en cor ou en branco e negro, debuxo ou letra.
Na galería podes ver os mellores exemplos do street art literario, ou polo menos, 21 deles.