Street Art de cómic, en Bruxelas

Se os belgas están orgullosos de algo (a nivel nacional, quero dicir) é dos seus debuxantes. Non debemos esquecer que belgas foron os creadores de Tintín, Lucky Luke ou os Pitufos, e se viaxas a Bruxelas é ben difícil esquecelo.

Porque fronte a túa idea de Bruxelas (aburrida, fea, neboenta, o que non  está tampouco lonxe da realidade) emerxe unha cidade vital, informal, chea de cor, e que desexa profundamente ser vivida na rúa. E a maneira de demostralo é a través do mellor que teñen: os cómics. Así, estes debuxos saen do libro e enchen a cidade de historias. E cando digo enchen, non exaxero, camiñando por Bruselas atoparás de seguido debuxos comiqueiros nas superficies dos edificios, un aquí, outro acolá, bah, hai tantos que o entusiasmo que sentiras ao principio pronto decrece e deixas de facer fotos.

O entusiasmo fotográfico, se entende, porque memorístico aínda me queda. As imaxes máis míticas son as de Hergé, con Tintin e o capitán Haddock subindo por unha escaleira moi preto da Grand Place, ou unha tropa de personaxes famosos esperándonos na estación de metro de Stockel, pero hai moitísimas mais. De feito, se viaxas a Bruxelas recoméndote que pidas na oficina de turismo o mapa para ir de ilustración en ilustración pola cidade (tratei de atopalo en Internet pero creo que non é moi claro).

Para que abras boca, déixoche algúns exemplos. Non me negarás tras velas que Bruxelas che parece agora hiperadorable.

Fotos | Disquecool, Willian Murphy, Cinty Ionescu, e Max Mayorov.

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *