Paréceste a túa nai? Teu irmán e ti sodes coma dúas pingas de auga? Sempre che din que hai “certo aire familiar” nas vosas caras? Probablemente iso pasáballe tamén aos protagonistas das hipnóticas fotos do canadense Ulric Collette (el mesmo, entre outros), coas que reflexiona sobre o parecido xenético.
Todo xurdiu cando o fotógrafo andaba a xogar coa foto do seu fillo, moi parecido ao Ulric neno, tratando de imaxinar que aspecto tería de adulto. Esa procura levoulle a cortar pola metade a cara do fillo e unila á metade dunha foto propia, descubrindo así faccións moi coherentes. Iso serviulle de inspiración para facer toda unha serie, aínda incompleta: fotos de pais e fillos, irmáns, curmáns… traballadas coa máxima precisión para crear superposicións perfectas que indagan no papel da xenética.
Ulric Collette traballa fixándose primeiro no semellante e di que sempre hai algo: unha boca, uns ollos, unha estrutura ósea… a partir de onde articula toda a fusión . A dúbida que entra ao ver estas fotos é -no meu caso- se daría ese resultado en todas as familias ou buscou unha especialmente parecida. Todo indica que é máis ben o segundo, pero quizais se superpuxese a miña cara coa dalgún familiar atoparía un sorprendente nexo común.
Podes ver toda a serie na páxina web do proxecto.
Resulta ou non impactante?