Antes de nada quizais conveña aclarar que este post non está patrocinado polo Concello de Vigo. Ben poderían pagarnos algo por todo isto que imos amosar, pero non é o caso. Podedes seguir confiando na nosa independencia e pobreza. Deixado isto claro, continuemos.
Eu non son de Vigo. Son unha valmiñorana orgullosa que odia, odia, odia que lle digan que é de Vigo. Todos os valmiñoranos sabemos a diferencia, así que non quero entrar en detalles. Á cidade olívica únenme desde sempre (desde o meu nacemento no Xeral, vaia), unha relación estreita de amor-odio e moitas viaxes en ATSA. Era esa cidade á que todos parecíamos destinados, pero á que sempre nos resistíamos. Vigo era o último lugar no que quería vivir, sempre fora máis de Europa ou, se había que quedar aquí, de Compostela. Vigo nunca, Vigo é fea. O bonito son os arredores e todas esas cousas.
A vida, claro, non é nunca o que esperas dela. Ao igual que no seu momento pasei varios anos dicindo que Viena estaba sobrevalorada, pero acabei por vivir aí e por amala por riba de todas as cidades e Berlín, a vida levoume da man a vivir en Vigo (non digades nunca que odiades algún lugar). Levo xa tres anos e medio. E non teño moi claro como pasou, pero se agora escoito a alguén dicir que Vigo é fea saio na súa defensa.
Falo do Casco Vello Alto (e do de sempre), de todos os sitios cool que están a abrir, de como as rúas son de súpeto máis da xente e menos deses coches malvados. Tan só penso nunha zona, claro, porque na miña vida viguesa convertinme nun deses animais de centro que cren que a praza de América é o extrarradio, pero é unha zona tan distinta ao que era hai un tempo! Para conseguir probas non hai que ir a fotos antigas e hemerotecas. Para conseguir probas tan só hai que ir a Street View (bendito Google), que agora nos permite viaxar no tempo. E isto é o que atopei.
Vigo está preciosa y lo mas bonito son las buenas personas que lo habitan, lo pasean y lo disfrutan, siempre amables, educadas y con una sonrisa. Buena ciudad para todo y buena gente. ¡ VIVA VIGO ! La pena es todos los hermosos edificios que se han cargado. Portanet el primer inútil. ¡ Con lo bonito que era el tranvía !