5 Tumblrs a ter en conta se es amante dos libros

O Tumblr e (outro) deses inventos do demo para facernos perder tempo. Pero se botas en falta aqueles anos nos que lías en lugar de pasar horas pegado ao ordenador, se os libros son moi lentos de ler pero aínda así gústache telos arredor, hai uns cantos Tumblrs que che permitirán unir dúas das túas paixóns: son os Tumblrs literarios.

Xa falamos hai un par de anos de que había Tumblrs adicados a calquera temática que poidas imaxinar e, por suposto, os amantes dos libros temos moitos onde escoller.

Estes 5 son algúns dos meus favoritos:

1. Awesome people reading 

Xente lendo
A xente que le mola máis (si, non podemos evitar pensar iso, aínda que non deberíamos dicilo en público), pero o que nos mostra este Tumblr é que a xente que mola máis (é dicir, os famosos) tamén le. Alí podemos atopar a Gregory Peck, Steve Buscemi, Alice Cooper ou Malcom X (entre moitos moitos outros) metendo o nariz detrás dun libro.

2. Librarian shaming 

confesións de bibliotecarios
Moi divertido este Tumblr para quen teña aos bibliotecarios mitificados. Eles tamén marcan a páxina dobrando a folla, esquecen devolver os libros e incluso escóndense dos usuarios ou recoñecen que as bibliotecas danlles o mesmo, que só se adican a iso polos cartos. Confesións do máis variado.

3. The final sentence

the final sentence
Ideal para quen comeza a ler un libro pola última páxina ou para os spoilers. E é que neste blog podes ler a derradeira frase dun montón de libros diferentes (que podes buscar por autor).

4. Writers and kitties 

Sartre e gato
Non podía faltar un Tumblr con gatos, claro está. Neste, só aparecen as mascotas dos escritores, o que fai que eses autores tamén parezan mellores persoas. O malo é que non se actualiza desde 2012.

5. Bookshelf porn 

Booksheld porn
Aquí simplemente recompilan fotos de librerías (como moble ou colección de libros), iso si, o máis bonitas posibles. E unha podería pasarse horas pasando de foto en foto, hainas modernas e clásicas, abarrotadas e minimalistas, ordenadas e caóticas, con e sen xente próxima…

Shares

    Etiquetas

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará