Son estas as mellores webseries galegas?

Entre Pipas

Xa sabemos os nomes dos candidatos aos Premios Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego (veña, sexamos superlativos: os Oscar do cine galego) que se entregarán o próximo 12 de abril na Coruña. ‘Somos xente honrada’ é o filme que leva máis candidaturas, con 13 das 26 posibles (aínda que o que nos molou é que ‘Salgadura’ teña 7, así somos). Aínda que o máis impactante é a de comunicador de TV: e que queredes, estando Xosé Ramón Gayoso na lista xa temos favorito.

Os premios poden servir para moito, como para establecer un panorama do estado do audiovisual galego (e do que a propia industria considera como o mellor do ano) botando unha ollada á lista de finalistas (e si, ‘A casa da conexa’ pode levar catro premios e si, efectivamente, ‘A casa da conexa’ está protagonizado Mucha e Nucha, ese – máis ou menos – spin off de Luar). Os premios Mestre Mateo non só destacan cine e televisión, senón que tamén están abertos a internet e premian cada ano a unha webserie. E cales son as mellores webseries do ano segundo a Academia do Audiovisual galego?

Catro son as finalistas dun premio que o ano pasado levou Angélica e Roberta.

– Canillejas. Autodenominada como unha neovictorian web serial.

– Entre pipas. Non é exactamente unha serie de 2013, aínda que sexa finalista este ano. Levan 17 episodios.

– Joke Business. “Unha webserie sobre o mundo do audiovisual feita por xente do mundo do audiovisual”

– El quid. Financiada vía crowfunding, acabou en Antena 3 (e na súa web podedes vela). Homenaxe ás películas de cine negro.

Más vídeos en Antena3

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *