Por que o novo xefe de Microsoft é un hipster?

Hoxe imos falar da empresa que está detrás da Comic Sans e de Clipo, dous dos grandes inventos da Humanidade completamente incomprendidos. Hoxe imos falar de Microsoft, os que posiblemente son o cerebro do sistema operativo do ordenador no que estás lendo isto (se es de Mac pedimos desculpas e se estás no móbil dámoslle o pésame a Microsoft), os que están detrás do pantallazo azul que fai que a miña relación con Portátil (antes o meu mellor amigo) sexa agora tirante e os que tiveron como xefe durante tanto tempo a Steve Ballmer. Este Steve Ballmer.

E eu, como a Clipo, téñolle certo cariño*. Pero sei que son única.

Pode que se non es un interesado nas novas tecnoloxías, Steve Ballmer che soe a chinés. Pode que a mesma – e outrora todopoderosa – Microsoft che importe pouco. Pero se estás lendo Disquecool pode que sexas un hipster. Pode que o sexas no fondo do teu corazón e aínda non o saibas. Pode que te identifiques con este home do que che vou a falar. Porque onte Microsoft anunciou a nova identidade do seu xefe. E é un hipster. De verdade. Hai varias cousas que o indican.

Para empezar a súa foto de presentación corporativa. Este é Satya Nadella.

SatyaNadella

Esta foto xa fixo que algúns gurús das novas tecnoloxías de Estados Unidos, como Kara Swisher (non tedes que coñecela, só fiaros de min e saber que é unha mega gurú) xa falaron en Twitter do seu look hipster. E CNET, unha das Biblias techie de internet, xa comezou a titular por ‘CEO hipster’.

Pero é realmente o novo conselleiro delegado de Microsoft un hipster?

1. Leva gafas de pasta. E si, vale, todo o mundo llas roubou xa aos hipster. Pero aínda son un indicativo de que pode que esteas ente un hipster.

2. Leva esa sudadera. Só mirádeo.

3. Traballa en Seattle. Si, a capital dos modernos Seattle. E non, Microsoft non está en Silicon Valley. Está nun edificio (moderno) a 21 quilómetros de Seattle. Eestá en boa forma, así que seguramente coma cousas moi saudables que se venden en restaurantes moi orgánicos dunha cidade chea de cousas para modernos.

4. O seu deporte favorito é o cricket. Vale que é indio e que en India é un deporte bastante popular (moi popular realmente) pero para os demais non deixa ser algo super pouco mainstream.

5. E o seu outro hobby é a poesía. “É como o código. Intentas facer algo que poda describirse en moitas, moitas oracións e páxinas de prosa, pero que podes converter nun par de liñas de poesía e aínda mantés a esencia”, son as súas reflexións sobre poesía e tecnoloxía. “O mellor código é poesía”.

6. Gústanlle os libros e non exactamente ‘O código Da Vinci’. Na súa morta conta en Twitter (non actualiza dende 2010, pero xa ten máis de 24.000 followers) recomenda un libro non dos máis populares.

 

E na súa carta aos empregados de Microsoft di: “merco máis libros dos que podo rematar” (por iso, Satyan, xa te queremos). E usa unha cita de Oscar Wilde.

7. Fai cursos online. E de verdade non hai nada máis moderneo que Coursera. Temos a esperanza de que Satyan Nadella estea apuntado neste curso.

*Ballmer despediuse hai uns meses cunha canción de Dirty Dancing. Penso que deberiades sabelo.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *