BrewBot, a resposta para todos os que queredes facer cervexa en casa

BrewBot, unha manquina para facer cervexa controlada polo mobilAgora que as cervexas artesanais están de moda, seguro que nalgún momento tiveches a dúbida: é tan doado facer cervexa? Podería facela eu mesmo na casa? Se chegaches á conclusión de que si para ambas preguntas e deches o paso, seguro que xa sabes que a primeira cuestión non é tan sinxela. Facer cervexa caseira é un proceso complicado que require toda a túa atención, ser moi meticuloso e ter uns aparatos moi grandes na casa. E aínda así, se fas algo mal no xogo de temperaturas, tempos e ingredientes, se a túa condición humana interfire e cometes o máis mínimo erro, o resultado pode ser a peor cervexa que teñas probado nunca. Para todos vós, cervexeiros amateurs, BrewBot é a resposta.

Trátase dunha máquina para facer cervexa que se controla co smartphone e que foi ideada por uns rapaces de Belfast, un grupo de programadores e deseñadores. Como xurdiu a idea? “Basicamente todos  facíamos cervexa caseira na oficina, o que significaba ter que estar a correr escaleiras arriba e abaixo, controlar as temperaturas, e nin sequera facelo sempre ben”, cóntanos Chris McClellan, fundador de Cargo (a startup detrás de BrewBot) no Mobile World Congress 2014. “E pensamos que todo sería máis fácil cun sistema de notificacións no móbil”. Cando un ten unha idea tan brillante, poñerse a traballar nela de inmediato é case inevitable. “Desenvolver a tecnoloxía levounos só un ano”, asegura.

BrewBot, unha manquina para facer cervexa controlada polo mobilO resultado é unha máquina de aceiro e madeira (coidouse moito a estética para non ter que ter a túa cervexería particular agochada, teñen catro acabados diferentes, a cal máis hipster) que pode producir 18 litros de cervexa de cada tirada. O sistema é realmente sinxelo: só tes que escoller unha receita na app (hai moitas subidas por eles mesmos e por toda a comunidade de usuarios) e seguir as instrucións. A aplicación avisará de cando tes que engadir que ingrediente, cambiará as temperaturas de forma automática e engadirá auga se a necesita. Despois toca a parte máis dura (a de esperar na fermentación). Cando a fermentación remata tamén recibes aviso: xa podes beber!

BrewBot, unha manquina para facer cervexa controlada polo mobil

Desde BrewBot aseguran que o produto está deseñado para todos os niveis, desde para as persoas que nunca fixeron cervexa caseira ata para os expertos, aos que animan a introducir as súas propias receitas na app ou a modificar as xa existentes. O obxectivo é que esa base de datos de receitas de distintos tipos de cervexa creza e creza, creando unha especie de rede social de fabricantes de cervexa. “Se por exemplo estás interesado nunha cervexa que fai un pub que está no outro lado do mundo, grazas a BrewBot, se comparten a receita, poderías simplemente fabricala ti mesmo”. Para o futuro teñen pensado tamén vender caixas preparadas cos ingredientes listos para receitas en particular.

Canto custa o aparatiño? Moito menos do que un podería esperar (especialmente se fas a conta do teu presuposto anual en cervexa, podes ver en cantos anos o amortizas): agora están a vendelo por 1.899€ (máis 300€ de gastos de envío!), un prezo especial prelanzamento, xa que a máquina está aínda en produción. A súa existencia é posible, como moitas das mellores ideas na actualidade, grazas a un proxecto en Kickstarter que non nos estraña que tivese éxito. Unha máquina intelixente para facer cervexa! Non é ese o soño de todos?

Fotos | Andrés Fraga

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *