Como cada ano, co fin de decembro chega o momento de pasar revista ao acontecido durante ese ano, as listas do mellor e o peor sucédense nos medios e nós non podiamos ser menos (sobre todo porque a nós, como a Rob Gordon, encántanos facer listas).
E comezamos cos 10 mellores filmes do 2013, ou polo menos algúns que nós cremos que poderían selo. Un bo recurso ao que botar un ollo eses domingos que queres ver unha peli, e non sabes cal.
1. A gran beleza – Paolo Sorrentino
Unha reflexión sobre a decadencia e a superficialidade da vida da alta sociedade, a través dunha fermosísima aposta formal.
2. 12 anos de escravitude – Steve McQueen
Conta a historia dun home negro libre que, no século XIX, é secuestrado e vendido como escravo. Xa soa nas quinielas dos Oscars.
3. A vida de Adèle – Abdellatif Kechiche
Crónica dun primeiro amor marcado polo conflito interior da protagonista, que non contaba con namorar doutra moza.
4. Antes do anoitecer – Richard Linklater
Terceira (e derradeira) entrega da fantástica triloxía, na que os protagonistas van de vacacións a Grecia e examinan a fondo a súa relación.
5. Mud – Jeff Nichols
Unha preciosa historias de aventuras adolescentes na que dos rapaces coñecen e axudan a escapar a un fuxitivo da xustiza.
6. A caza – Thomas Vinterberg
Unha opresiva película sobre un home normal, cuxa vida é rota a raíz dunha falsa acusación.
7. Spring Breakers – Harmony Korine
Una sátira da xuventude protagonizada por catro universitarias que, tras unha noite tola, son liberadas do cárcere por un traficante de armas e drogas.
8. The act of killing – Joshua Oppenheimer e Christine Cynn
Un documental sobre o xenocidio indonesio no que os propios asasinos contan (e interpretan) a súa historia. Imposible vela sen que se che revolvan as tripas, iso si.
9. Gravity – Alfonso Cuarón
O filme que nos mostrou para que servía o 3D. O argumento é case o de menos, pois somos quen de sentirnos sós no baleiro espacial.
10. Blue Jasmine – Woody Allen
Woody Allen volve a súa plena forma con esta película sobre unha muller rica, glamourosa e arruinada.
Moitas das vosas eleccions non as vira asi que esta finde comecei por the act of killing … sinxelamentr inctible !!!