Vídeos para a fin de semana: os mellores filmes sobre o Nadal

Xa non queda nada! As luces nas rúas, o anuncio da Lotería na tele, as rúas cheas de xente que xa leva cousas envoltas, as panxoliñas nos altofalantes… si, amigos o Nadal xa está aquí en espírito. Dentro de nada as televisións encheranse tamén de filmes deses nos que sempre neva, nos que sempre parece que algo vai a saír mal, pero nos que ao final hai algunha clase de milagre porque, xa sabes, dirá un dos personaxes mentres sorrí e encolle os ombros, “é Nadal”. Queres empezar xa esta fin de semana a entrar en modo Nadal on e ver algún deses clásicos filmes navideños? Estes son os nosos preferidos.

1. Love Actually (2003). Está de aniversario! Van xa dez anos! Hai que volver a vela!

2. Joyeux Noel (2005). Un grupo de soldados nas trincheiras na Primeira Guerra Mundial fai unha tregua no Nadal para xogar o fútbol e cear xuntos (e está basado en feitos reais!).

3. Nightmare before Christmas (1993). Que? Cumple 20 anos xa?

4. Arthur Christmas (2011). Seguimos con animación, esta máis actual e coa familia de Papá Noel de protagonista.

5. It’s a Wonderful Life! (1946). O clásico dos clásicos tiña que estar tamén aquí.

6. Bad Santa (2003). Ah, que ti es deses que odian o Nadal. Esta é a túa nova película favorita.

7. Elf (2003). Outra que está de décimo aniversario! E como sae Zooey Deschanel é obrigatorio vela se vas de maleni pola vida.

8. Scrooge (1988). Bill Murray nunha revisión do conto de Nadal de Dickens. Hai que engadir algo?

9. Os gremlins! (1984). Se Papá Noel deixa para ti un monstro peludo e adorable… as instrucións de uso están para algo.

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *