Xa pasou unha semana desde o Culturgal, pero non esquecemos o prometido. E é que se vos pasastes por alí, tivestes a oportunidade de participar nunha literaria actividade que organizabamos xunto con Librópatas: o cadáver exquisito. Hoxe veremos o resultado obtido.
O Cadáver exquisito é un xogo que consiste en crear unha única obra entre varios, pero a cegas. Así, cada persoa ten que continuar unha historia (ou un debuxo ou un poema), pero sen ver máis que a última parte feita. Foi unha técnica moi usada polos surrealistas, que crían que a creación debía ser anónima, grupal, intuitiva, espontánea, lúdica e automática.
Nós probamos o mecanismo a ver que resultaba. Podedes xulgar vós mesmos.
A primeira das historias di así:
A segunda:
A terceira: