Editorial

A decisión tomouse por si soa. Que debíamos facer hoxe? Apagar Disquecool en sinal de loito ou volver á normalidade? Porque á normalidade hai que volver nalgún momento. Ao final foron os nosos corpos os que decidiron. Sendo como somos (sabémolo) un medio de natural máis frívolo, escribir un post normal, un disque-post hoxe non só se sentía fóra de lugar, senón que ademais os nosos cerebros e dedos non o permitían. Só con pensalo quedábamos paralizados. Esa decisión foi automática.

Pero sentimos algo máis. Sentimos que non chegaba con apagar Disquecool e volver o luns con normalidade (o que faremos). Había que escribir algo, unha sorte de editorial, unha pequena mensaxe de apoio a todos os afectados polo accidente de tren, o noso insignificante “estamos aquí, estamos con vós”.

Ademais, sentimos que había que unirse a ese aplauso xeral que merecen todos eses heroes e heroínas silenciosos. Os servizos públicos que garanten que todo siga funcionando nestas situacións, os médicos, policías, xornalistas, forenses, psicólogos, doantes de sangue, voluntarios e veciños que decidiron saír a colapsar o Centro de Transfusións de Galicia, os que abriron as súas casas aos familiares das vítimas, os enfermos que pediron altas voluntarias para deixar camas libres, os que quitaron os contrasinais dos seus wifis para facilitar as comunicacións, os que pasaron a noite en Twitter atentos ao que dicían as contas oficiais para difundilo.

Agora xa quedou claro. Galicia é moi cool. Ou, en realidade, é sinxelamente moi humana.

Podedes seguir doando sangue tamén a semana que vén. É sempre necesario.

Unímonos á dor das vítimas e as súas familias.

Shares

Etiquetas

2 comentarios

  • vane di:

    Disquecoool…no podía esperarse menos de vosotros y me siento orgullosa de vivir aquí , de ser una parte gallega aunque no naci aquí pero la ayuda en todos los sentidos ha sido impresionante. Gracias a todos por estar ahí y no ser indiferentes y que mis hijas si sean gallegas es un honor, nunca lo dude y ahora menos. Galicia un 10 en humanidad! Esas son las cosas que verdaderamente importan!!!

  • Daniel di:

    Grazas a vos polo voso recoñecemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *