Porno para mulleres ou porno de mulleres

We_Can_Do_It!Hai unha regra non escrita en internet, a regra 34, que di que “se existe, hai unha versión porno”. Mais, a pesar disto, hai algo que non é moi común (ou non o era) na rede: a pornografía para mulleres.

Cunha simple ollada a calquera páxina de vídeos pornográficos decatámonos que todos son feitos por e para homes. A industria pornográfica naceu polos anos 70, despois da estrea da mítica ‘Deep Throat’, e, dende aquela, case non mudou. As grandes produtoras están en mans de ‘chapados á antiga’ que crean contidos nos que a muller ten un mero papel de receptora da acción. Non nos enganemos, na maioría do cine pornográfico son os homes os que foden e as mulleres as que son fodidas, falando en prata…

O importante é a satisfacción do home, non da muller. Incluso cando son as mulleres as que realizan a acción, nunha felación por exemplo, o cine encárgase de deixar claro que é vontade do home ese acto, en esceas así é habitual que o actor force á actriz ou lle tire do pelo. Unha actitude sumada a unha dialéctica de humillación constante. “Gústache porca?” ou outras frases deste tipo son habituais no cine pornográfico. Por non falar desa obsesión de rematar cunha corrida na cara da muller: como signo da dominación propia da dialéctica do porno tradicional, o home exacula sobre a muller.

A chegada de Internet axudou a darlle difusión ao fenómeno amateur. Contidos onde se amosa a realidade tal é como é… máis ou menos. Estes vídeos incorporaron algo que a industria pornográfica non fixera: o POV, Point-of-view. E, de novo, na maioría dos casos o punto de vista é o masculino.

Chegado a este punto cómpre facer un inciso. Ata o de agora todos os exemplos do que falei foron de pornografía feita para homes e por homes. Entón, as mulleres non consumen pornografía? Ou é que aínda non se explotou ese mercado?

En 1997, Lars Von Trier fundou Puzzy Power, a primeira produtora pornográfica de mulleres. Nun manifesto recollían as súas ideas entre as que sinalo a última:

What we hate
… is the oral sex scene where the woman is coerced to perform fellatio, her hair pulled hard, and come is squirted into her face.

(Que odiamos: as esceas de sexo oral onde a muller é obrigada a facer unha felación, tíranlle do pelo, e córrense na súa cara)

Puzzy Power é o xerme da pornografía de mulleres. E digo, de mulleres, porque non é “para mulleres” xa que esta nova forma de ver o porno tamén é de gusto dos homes. Ao contrario do que si acontece na maioría da pornografía, nesta non se humilla a ningunha das partes. Se ben é certo que existen diversas prácticas sexuais que consisten nos xogos de dominación, estas non se atopan no cine pornográfico de mulleres con ese compoñente vexativo do que antes falaba.

Dende o 1997 ata a actualidade o fenómeno non deixou de medrar, mais segue sen callar. Se ben é certo que agora existe a pornografía de mulleres aínda non é unha parte substancial de todo o existente. Queda moito por descubrir e por crear. Ou é que realmente a pornografía non funciona coas mulleres?

Persoalmente, penso que é un mercado sen explotar. Algo tan sinxelo como xirar a cámara 180º, deixar de gravar á muller e gravar ao home, parece faraónico e imposible. As espectadoras queren ver como desfrutan os homes, queren velos durante a acción. As grandes produtoras non parecen decatarse de que están creando contidos para o 50% da poboación, cando poderían estalos creando para 100%.

Foto|Wikimedia

Shares

3 comentarios

  • moniña di:

    A min como muller gústame igual o porno para homes, de feito gústame máis ver mulleres disfrutar que homes (e son heterosexual, que conste). Pero a verdade tampouco lle faría ascos a un porno con algo máis de argumento e un pouco máis para mulleres sempre que non se volva ñoño e repipi. O sexo é sexo, e ás veces tamén as mulleres queremos sexo salvaxe.
    En todo caso, esquecéstesvos de mencionar unha moi coñecida directora de cine porno para mulleres, chámase Erika Lust, se mal non escribo. Un saúdo e gracias por dedicar unha entrada ó mundo da pornografía para mulleres ;-)

  • Fan de BraisR di:

    Eu tamén son muller, e si, quixera ver homes e sexo, non mulleres pondo caras raras e sendo humilladas dos mil e un xeitos, coido que a cousa non está para elexir entre o “repipi” e o “salvaxe” eu pido algo máis realista e velo dende outro punto de vista e por certo paso bastante do argumento no porno, pero estou moi de acordo con todo o que dí Brais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *