O cartón é ecolóxico, barato e maleable. E ademais (ou por iso) é o material de moda, con permiso da madeira. Xa o ano pasado no Off Culturgal soubemos que algo se estaba a cocer coas utilidades do cartón, e este ano confirmamos que así é. Con cartón podemos facer montóns de cousas, entre elas decorar a nosa casa: mobles e e accesorios feitos a partir de pasta de papel nos mostran que a resistencia se pode atopar no lugar máis improbable.
Confiarías nunha cama de cartón? Apreciarías a beleza dun reloxo de cartón? Cres que as lámpadas de cartón acabarán por arder? Non estás preparado entón para a tendencia decorativa do ano. Pero a ninguén lle importa.
Porque agora que mola, o cartón, tras anos e anos de menosprezo, por fin pode levar á moza máis guapa ao baile, cuspir aos musculitos do instituto e rexeitar solicitudes de amizade no facebook. E nin sequera ten que finxir ser algo que non é. Sen pintar, sen vernizar, aceptámolo tal cal é, coa súa beleza minimalista e funcional totalmente espida. A nosa casa recibe ao cartón cos brazos abertos.
Podemos mercar, por exemplo, unha preciosa cama de cartón como a que vemos en portada (De Karton).
Podemos tamén apostar por nfeitas con material de oficina. Visto en Trendhunter.
Ou pequena decoración de parede. Estes marcos podense comprar en Etsy.
Marcas como CartonLab ofrecen (ademais de stands) un montón de mobles diferentes de cartón. O meu favorito quizáis sexa esta casa de xoguete-estantería.
En Galicia temos os marabilloso mobles de Una Gallega en la luna.
E por suposto, poucos materiales son mellores para iniciarnos no mundo D.I.Y. Aquí podes ver unhas (conceptuais) árbores de Nadal. Vistas en You are my fave.
O outro día nunha feira vin a esta xente de Vigo que fai lámpadas de cartón: http://www.lamparasdecarton.com