Street art feito con origami

No street art non hai fronteiras para os materiais que se poden converter en arte na rúa. Xa se emprega musgo para lanzar mensaxes, tamén aparecen ollos alí onde non os había para dar un acabado máis amistoso ao mobiliario urbano ou faise calceta para facer operacións de guerrilla urbana.  Unha artista francesa incorpora, pola súa banda, un elemento pouco explorado na arte  na rúa: o origami, unha desas cousas que poden ser moi divertidas.

Mademoiselle Maurice pasou un ano despois de estudar arquitectura en Lyon vivindo en Xapón. No país asiático descubriu o encanto e o potencial de elementos que ata entón lle pasaran desapercibidos, como o origami, e que incorporou á súa obra artística. Segundo explica na súa web, o resultado ten un acabado inocente, que contrasta fortemente co seu contexto (e que ao final lle da unha profundidade e unha sensibilidade ao contido). Co origami fixo xa varias instalacións – sorprendentes, cun toque poético e, dado o material do que se nutren, efémeras – de street art. Como a materia prima da obra é o papel, o resultado non dana en absoluto o entorno no que se sitúa.

París foi o principal escenario destas instalacións en origami, algunhas delas (como a que encheu a cidade de grallas tras o desastre de Fukushima) teñen ademais mensaxe.

Fotos | Facebook oficial da artista

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *