Convencer a un neno de que xogar con papel é divertido

Origami set moblesOs nenos de hoxe, educados por luditas, vense obrigados a divertirse cos xogos máis básicos. E mentres o universo dos xoguetes crece en complexidade tecnolóxica, cada vez son máis os pais que recorren aos xoguetes de cartón (un boom neste momento), as bólas, as bonecas de papel ou a manualidades varias.

Dentro desta tendencia pódense englobar os marabillosos sets de origami que presentamos hoxe: a idea é manter o pequeno entretido cunha simple folla de papel. Eles encantados, claro, inxenuos ignorantes de que o que en realidade queremos é xogar nós cos seus xoguetes hipster.

Pero é que estes sets de origami de Worldwide Co son realmente deliciosos. Traen follas de cores, libro de instruccións e veñen separados tematicamente. Hai set de origami do espazo, de mobles, de moda, de dinosauros, de vehículos, de animais mariños… deOrigami set vestidos Origami espazotodo o que interesa ao universo infantil. E sen dobrar nin pegar, pódense crear as formas máis enrevesadas. Unha boa (e sinxela) maneira de iniciarse na arte da papiroflexia e de sentir o orgullo de crear un mundo coas túas mans.

Eu sei que vin estes sets na vida real, pero non recordo onde. Se preguntades en xogueterías e míranvos raro, sempre podedes acudir a Amazon (uns 10 euros). E non, non fai falla que teñades un fillo para usalo de escusa.

 

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *