Ata hai moi pouco era difícil ver bicicletas nas cidades galegas (non digamos xa en Vigo, onde entre as pendentes e o tráfico infernal é fácil atopar escusas para desanimarse). A imaxe dun carteiro en bicicleta era algo que só tiñamos visto en filmes, un símbolo nostálxico e romántico dos vellos tempos.
Pero como xa sabemos, mentres nas nosas cidades relegábamos as bicicletas ao tempo de ocio, aos parques e aos nenos, en Europa seguían funcionando como medio de transporte. Por iso Tino Mera Martínez (creador de Bicipostal, a primeira mensaxería ecolóxica de Galicia) estaba acostumado a ver bicicletas levando paquetes cando vivía en Xenebra. Ao venir a Vigo en 2009, e vendo que o mercado de traballo non estaba tampouco para botar foguetes, decidiu importar o concepto.
“Ao chegar de Suíza estrañoume ver tan poucas bicis pola cidade, e sabendo que Vigo tiña as características de unha cidade con mercado de mensaxería -non hai máis que ver cantos mensaxeiros en motos se ven cada día- decidín comezar a aventura de Bicipostal“, rememora.
Tino explica tamén que as vantaxes de apostar pola bicicleta en mensaxería son moitas: “Ao traballar coa bicicleta somos máis económicos, 100% ecolóxicos e fluídos co tráfico, polo que chegamos antes. Non colapsamos as vías, non provocamos contaminación acústica, e ademais podemos entrar en zonas peonís, accedendo a lugares onde o tráfico está restrinxido e sen supor unha ameaza para os peóns”. Aínda que a bicicleta tamén trae consigo algún inconveniente: “Non podemos levar paquetes moi pesados (de máis de 10 kg) ou moi voluminosos”.
Así, Bicipostal encárgase sobre todo de transportar cartas de todo tipo (correspondencia, trámites administrativos ou correos entre sucursais), e en paquetería lixeira, a miúdo levan produtos entre tendas e casas de particulares, normalmente roupa ou calzado: “Aínda que temos levado cousas tan curiosas como un xamón ou un trade. E tamén varios ramos de flores!“. Para as entregas máis voluminosas contan cun carrito co que levan, por exemplo, reparto de peixe a domicilio, e na mensaxería urxente adoitan repartir chaves de casa e móbiles.
Funciona hoxe en día o reclamo ecolóxico para facer negocio? Tino cre que si: “O feito de traballar cunha mensaxería ecolóxica outorga aos nosos clientes un valor engadido de empresa innovadora e eco-responsable. De feito, moitos deles xa se están a publicitar como tal”.
Mentres tanto, en Vigo comezan timidamente a verse outras bicis polas rúas. Quizais por conciencia ecolóxica, quizais simplemente por aforrar, pero sen dúbida o transporte ecolóxico cada vez será máis normal. E repartir mensaxería en bicicleta deixará entón de ser digno de post.
Fotos | Bicipostal
Parece interesante. Como modelo de negocio puede que funcione bien. Ahora sí, yo le diría a los de Bicipostal que tener una web en Flash es la mejor manera de perder clientes que llegan por Internet.
Gracias por el comentario!! Tienes razón que la web en flash es un poco lenta. Estamos trabajando para mejorarla. Mejores saludos.
Hola me gustaria saver donde esta la oficina de A Coruña,
creo que soy un buen aspirante a este empleo
Ola Ariel,
Non sei onde teñen a sede, pero deixóche o número de tfno: 634 567 543.
Un saúdo,