Webs de venda de marisco hai moitas, pero poucas tan bonitas como Sal y Laurel. O deseño é precisamente o que diferencia a esta empresa de distribución directa de marisco galego da súa competencia, unha presentación coidada de principio a fin: desde a propia experiencia de compra na web ata a recepción do produto nun alegre e fermoso packaging.
Sal y Laurel é un proxecto posto en marcha por Águeda Comesaña e Alfonso Gallardo, ligados por unha empresa familiar de distribución de marisco de Nigrán. A compra nesta tenda online prodúcese sen intermediarios, polo que que os produtos do mar, procedentes das Rías Baixas, viaxan da lonxa ao consumidor en apenas día e medio.
Os percebes, as nécoras, as ameixas… chegan á túa casa nas típicas caixas de polistireno que se utilizan para o peixe, pero envoltas nun divertido embalaxe con debuxos de produtos do mar a tinta azul, contrastados co intenso vermello corporativo do logotipo. No interior inclúense ademais receitas para a preparación da materia prima con divertidas ilustracións —esta vez a toda cor— dos mariscos e dos ingredientes e utensilios necesarios para a súa preparación.
O deseño de logotipo, imaxe corporativa, packaging e ilustracións é obra de María Grande. O folleto tamén contou co traballo de Jesús Latuff.
Encántame! Parabéns a esta deseñadora e ilustradora galega! :)