Foodspotting, a app para os fanáticos do food porn

Posiblemente, algunha vez destes en comer con algunha desas persoas que non ben lle traen a comida saca de smartphone e ponse a facer fotos. Se cadra algunha vez pensaches tolear vendo como colocan a copa e o garfo para que a composición final sexa abraiante, digna do mellor blog de cociña. Ti sufriches a dor de comer cun fan do food porn, un termo que comezou por aplicarse a toda aquela imaxe de comida suxerinte e libidinosa e que acabou por servir de contedor para todas aquelas persoas que se adican a facer fotos de comida como tolos.

Pois para eles, e como era de agardar, hai unha app. Chámase Foodspotting e é unha desas redes sociais que non teñen sentido sen a mobilidade. Cal é a súa utilidade? En teoría, funciona dunha maneira moito máis completa que Foursquare e similares cando se quere atopar unha recomendación para comer. O usuario só ten que situarse, o móbil o xeolocaliza e a app mostra todas as fotos de pratos que foron tomadas na zona. Que algo che entra polos ollos? Só tes que ver onde o poñen (aparece na parte inferior da imaxe pero se fas click podes acceder a un listado das cousas saborosas que teñen nese lugar, buscalo en Yelp e averiguar como chegar empregando Google Maps).

Esa é a teoría porque a realidade é que quen usa Foodspotting vaino facer polo simple pracer de compartir a comida que come. Foodspotting é o lugar soñado por todas aquelas persoas que se sentan á mesa, armados co seu smartphone para facerlle fotos bonitas a cada prato que lle traen. As fotos poden ser clasificadas por temas ou sabores e vistas polos demais usuarios da rede, que poden indicar o moito que lles gusta o que andamos a comer e tamén apuntalo na lista de cousas que queren probar.

Foodspotting está para Android, iOS, Windows Phone e Blackberry.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *