Vídeos para a fin de semana: Tilt-Shift

Cidades e persoas que parecen miniaturas e que nos fan preguntarnos se estamos ante a realidade ou diante dunha maqueta. Unha vez máis o ollo acepta o engano para deixarse levar pola beleza das imaxes Tilt-Shift, resultantes de aplicar accións de inclinación e desprazamento ao obxectivo da cámara para distorsionar o plano de enfoque e alterar a perspectiva.

A sensación provocada polas fotografías Tilt-Shift é consecuencia dun efecto óptico. Cando a maior parte da imaxe está fora de foco (con moi pouca profundidade de campo) o noso cerebro asume que estamos diante dun obxecto moi próximo a nós. Isto débese a que estamos afeitos a ver os elementos máis próximos adaptando o enfoque dos nosos ollos a distancias moi curtas.

E agora que xa coñeces a explicación técnica, convidámosche a gozar desta selección de vídeos Tilt-Shift. Sentiraste como unha especie de Deus observando a vida desde arriba. (Tamén hai experiencias galegas!)

1. The City of Samba. Jarbas Agnelli e Keith Loutit.

 

2. Bathtub V. Keith Loutit

 

3. Small Life in Saxon Switzerland. Christoph Schaarschmidt

 

4. Toy Soldiers. Alta Media Productions

 

5. Coachella 2010. Sam O’Hare

 

6. Whistler Blackcomb XXS. Switchback Entertainment


 

7. A Coruña, El sueño de Gulliver. Daniel Almeida

 

8. Rande conquista a Gulliver. Daniel Almeida

 

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *