Clipart volve…ás portadas dos discos

Lembras cando facías as portadas dos traballos para o colexio? Un título Wordart, o teu nome en Comic Sans -ou no seu defecto Times New Roman-, e por suposto una ou varias ilustración Clipart. As estrelas do momento eran os Screen Beans, que sobreviven nos nosos días nos avisos de moitas comunidades de veciños e nos anuncios de bares e clases particulares. Os Clipart tiveron o seu momento de gloria a finais dos 90 nos traballos caseiros e creacións DIY (un tanto trapalleiras, todo hai que dicilo). Que pasaría se hoxe estas ilustracións recuperasen o seu protagonismo? Que pasaría se o fixesen en forma de portadas de disco?

Tralo éxito de The Kitten Covers chega a Tumblr un novo e adictivo meme que reproduce portadas de discos lendarios utilizando Clipart e Comic Sans (os entusiastas desta fonte poden estar contentos!). Clipart Covers actualízase cada día e acepta peticións. Se estás pensando en Sergeant Pepper xa podes desbotar a idea porque o seu autor xa manifestou a súa negativa (demasiado para Clipart…).

Aquí vai unha pequena selección das adaptacións que máis nos gustaron, xunto coa súa orixinal.

milkhotel Clipart

In the Aeroplane Over the Sea, Neutral Milk Hotel

David Bowie  Clip Art

Aladdin Sane, David Bowie

hole Clip Art

Live Through This, Hole

Radiohead Clip Art

Pablo Honey, Radiohead

Help!, The Beatles

Fotos | Clipart Covers

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *