Disquecool invita: Emmy The Great en Vigo

Emmy-The-GreatSabes quen é Emmy The Great? Se o sabes seguro que xa estás a escanear este artigo para ver que tes que facer para gañar a entrada dobre que sorteamos (cortesía de Coconut Producciones) para o seu concerto o 28 de xaneiro en Vigo (no penúltimo parágrafo, se non che apetece ler). Se non o sabes, continúa lendo.

Emmy The Great non só é unha compositora e cantante magnífica, Emmy ten un plus de humor, de referencias a certa xeración (a nosa, non imos dicir o ano), de afirmacións que faría a moitos gurús do indie e do elevado retorcerse de horror e de detalles dunha adorabilidade extrema. Emmy The Great gústanos porque cremos que é moi Disquecool. Por exemplo:

– Ten un disco de Nadal (pedido por unha disquerredactora aos Reis) xunto co seu mozo Tim Wheeler de Ash con cancións como Zombie Christmas ou Christmas Day (I Wish I Was Surfing). Ademais, reivindica a Mariah Carey coma referente coa súa panxoliña All I Want For Christmas (Is You).

– Nunha soa canción (Canopies and Drapes) menciona a S Club 7 (que en Inglaterra foron moito máis grandes que aquí, pero debo confesar que vin bastantes episodios da súa serie), ‘Friends’ (que é ser americano?, pregúntase Emmy, é café, sentimentos e I’ll be there for you?), The Magnetic Fields, os New Kids on the Rock e a Billy Joel.

– Emmy (Emma Lee-Moss, en realidade) é fan confesa e orgullosa das novelas das Xemelgas de Sweet Valley. Tan fan que de cando en vez se fai pasar por Jessica Wakefield (a súa amiga Elizabeth Sankley de Summer Camp é Elizabeth) e dá concertos e ten un blog con consellos. Nós entrevistámolas hai uns meses!

– Financiou parte do seu último disco (o fantástico ‘Virtue’) a través de crowdfunding, con recompensas para os que aportasen cartos como enviar unha postal desde cada cidade na que estivese de xira ou facer a man un libro ilustrado sobre a persoa en cuestión.

– Adicou unha canción, Mistress England, ás nais que esperaban que o príncipe Guillermo casase coas súas fillas (he chose another, your little girl goes undiscovered).

– E, por riba de todo, ten dous discos absolutamente marabillosos (xa sabes, Spotify!).

Convencido? Sabemos que si. Que tes que facer? Moi sinxelo: como somos moi fans da vertente adolescente de Emmy The Great (porque ao fin e ao cabo non somos máis ca unha panda de post-adolescentes), queremos que nos confeses un guilty pleasure, un pracer culpable, algo (serie, música, libro, o que sexa!) que sabes que en teoría non che debería gustar, pero que che encanta! Tes ata o vindeiro xoves 19 ás 23:59 para deixar a túa confesión nun comentario, despois sortearemos e o venres 22 haberá resultado!

Empezamos nós, se queredes. Na redacción de Disquecool hai fans de ‘Dawson Crece’ (dúas disquerredactoras están a ver a serie desde o principio), de Take That e, tamén, das novelas (e da serie, para que negalo) das xemelgas de Sweet Valley.

Confesa!

Shares

23 comentarios

  • iaGo di:

    Buff, habera que pensar… ou non, por exemplo, botarlle un ollo a Coure cando esta disponible… iso ten que valer! jeje

  • yago di:

    Rozar a parte interna dos antebrazos coas follas do periodico mentres o leo

  • Juan di:

    Ollear as revistas do corazón ávidamente, na consulta do dentista

  • Ce di:

    Ter sido fan dos Hanson de adolescente e aínda dalo todo con Mmmbop cando soa nalgunha festa en plan revival.

  • dario di:

    Raffaella Carrá!

  • Belén di:

    …escoitar a David Guetta en días grises e con chuva mentres vou no coche (sen tunear). Chámalle escapismo!

  • jorge di:

    princesas de barrio!!
    me sorprende tanto como lo odio

  • KOKO di:

    pasar horas vendo o atlas con cara de pasmareta!!

  • fonparedes di:

    Cando era preadolescente na 2 poñían Yo y el mundo (Cory Mathews e más Topanga), pero antes poñían “La Familia Crece” (Mermelade Boy), un culebrón para nenas terrible, que as miñas irmás querían ver sempre, eu negábame retondamente, pelexaba con elas e pataleaba, pero elas sempre gañaban. Ó final enganchéime a serie coma un parvo e case prefería ver a historia de amor entre Miki e Yuu que a de Cory e Topanga.
    Esta era a intro, por se non vos acordades.
    http://www.youtube.com/watch?v=e6oYHRfMJTo

  • Vane di:

    Eu respondo pero non quero a entrada non poderei ir …unha pena , pero gustame a vosa paxina.
    Series :”Felicity”, todas as de Disney Channel., e que ter nenos pequenos na casa…e as cancions e depois tararearlas facendo as camas, limpando iso peor jajaja
    As gominolas..”Cosas de Casa” ,”Padres forzosos”… moitas cousas inconfesables.

  • belen di:

    A min encántame a canción “Eres” de Massiel!! Cada vez que a escoito líome a manta á cabeza e subo enriba da mesa a cantar! XD

  • Tomas Mora di:

    Ainda escoito as miñas cintas de hombres G

  • ifrit di:

    Organizar reunións na casa para ver Princesas de barrio ou Jersey Shore :D

  • SoniaSan di:

    Estou segura que todos facíamos/facemos todo o anterior de vez en cando….. Iso xa debedería valer por sí mesmo pero a maiores, confeso que miro o Diario de Bridget Jones ou Love Actually polo menos unha vez ao ano, en Navidad :D

  • Debo ser moi friki…pero encántame Love Actuallity e choro con algunha historia dese film… Encantame O Principito, e os meus 30 anos aínda o sigo lendo … e xa no referente a música, recoñezo que eu tamén tiven LPs de Modestia Aparte e Terapia Nacional…. demasiados segredos confesados!! ;P

  • Recoñezo que ainda algunhas me gostan de “Los Hombres G”…. ;)

  • Amparo di:

    Uff… sin duda Dawson´s Creek, éso sí que era un culebrón. Lo peor que hace relativamente poco lo repusieron… y volví a caer!

  • David di:

    Me se la letra de “My heart will go on” de Titanic, y cada vez que suena la canto como si estuviese “volando” a bordo del malogrado…

  • gemma marques di:

    Pois eu os meus trinta anos loqueo con todas as cousas de hello kitty.teño de todo bolsos, reloxes, roupa e ata un casco para a moto da gatiña mais cool de todos os tempos!!! ;)

  • María di:

    Puuuuuuuuuf! pues confieso que me encanta ver “Hombres, mujeres y viceversa” ayyyyyyyy, es que son tan…tan…taaaaaaaaan tiernos engañadose unos con otros a diestro y siniestro y después prometiendose amor eterno…jijiji!

  • Anita di:

    pasarme sin querelo…horas viendo a Isavm10

  • Lourdes di:

    Gossip Girl. Pretty Woman. Un paso adelante.
    A canción de “tonight… give me everything tonight” ponme de moi bo humor.

    =)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *