Novo disquesorteo: Leva un exemplar de Persépole!

Rinoceronte Editora acaba de lanzar unha nova colección de novela gráfica, que inicia coa edición galega de ‘Persépole’, de Marjane Satrapi. A autora conta as súas experiencias infantís no Irán que acababa de ver saír ao Sha e ver chegar aos aiatolás.

Se aínda non liches a obra, poderás facelo agora se participas no noso sorteo en Twitter. Dous dos nosos followers levarán cadanseu exemplar de ‘Persépole’, sempre e cando nos digan que feito da historia recente de Galicia converterían en cómic e por que.

Estas son as normas do concurso:

1. Para participar hai que ser seguidor de Disquecool en Twitter e ter un domicilio na España peninsular ao que che podamos enviar o libro no caso de resultar gañador.

2.Terás que escoller un feito da historia recente de Galicia que cres que debería ser convertido en novela gráfica e explicarnos a razón pola que o escolliches. Emprega o hashtag #Disquecomic para que poidamos localizalo sen problemas.

3. O período para publicar o teu tweet arranca o 22 de novembro de 2011 e finaliza o 29 de decembro de 2011 ás 23.59.

4. Entre os participantes elixirase usando Random ao gañador. Os tweets serán ordenados de forma cronolóxica para determinar o número de participación.

5. Contactaremos co gañador mediante mensaxe directo en Twitter. Como é habitual terá dez días para respostar, senón procederase a elixir a un novo gañador.

Moita sorte a todos!

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *