O un de novembro arrancabamos o reto Disquecool. Queriamos que nos contásedes que era o máis cool e o máis anticool que podiades imaxinar e un de vós levaría, pola boa información, unha estantería de Oitenta.
Chegou o día de desvelar o nome do afortunado. Eloy, co seu ‘rosa y rojo, puñetazo en el ojo‘, leva a estantería. Pronto terás noticias de nós no teu enderezo electrónico. Lembrámosche que unha vez mandado o mail tes dez días para responder!
Dámosvos a todos as grazas por participar e deixar eses comentarios tan enxeñosos, que nos tiveron rindo moitas mañás.
Os que non vos levástedes a estantería branca de Oitenta, non vos preocupedes. En breve teremos outro concurso moi interesante…
Estade atentos!
Uhhhhh!!!!
Tongo!!!!!
Jejejjeejejsaludos!!
Buenooooo!!!
Levo toda a finde desconectado e acábome de enterar!!!
MOITÍIIISIMAS GRAZAAAAS! Que ilusión!