Hai hoxe seis meses, o 1 de maio de 2011, lanzábase á rede Disquecool, “o medio de tendencias made in Galicia”, unha idea que nacera pouco antes, arredor dunha mesa de polbo, pero que levaba nas nosas cabezas máis tempo do que pensabamos, agardando o pulo definitivo. Medio ano despois só podemos dar as grazas ás persoas que fan as cousas marabillosas das que escribimos, aos lectores (que medran cada día!), que nos seguen, que nos comentan, que nos recomendan, que nos achegan ideas, e que nos animan a continuar crecendo, e a todos os colaboradores que nos axudan a ofrecervos cada día máis. Para celebralo propoñémosvos un Reto cool/anticool con interesantes recompensas para os gañadores. Anímaste?
Queremos que nos axudedes a atopar o máis cool e o máis anticool. Para participar podes deixar o teu comentario nesta entrada, comentándonos algo que sexa cool para ti, e outra cousa que represente todo o contrario. De entre todas as frases escolleremos a que máis nos guste: a máis orixinal, a máis enxeñosa, a máis cool ;) Tes unha semana para participar. O autor do comentario seleccionado recibirá unha Estantería Branca de Oitenta.
Estantería desmontable de parede, inspirada nas ramas dunha árbore que se estende pola parede a partir dun tronco central. Moi útil para albergar os nosos libros, películas, discos e casetes, que pasan a converterse nas follas de quita e pon desa orixinal árbore de interior.
BASES
– Para participar é necesario ser maior de 18 anos e residir en España
– O concurso inicia hoxe 1 de novembro, e remata o 8 de novembro ás 23.59 horas
– Para participar debes deixar un comentario indicando que é para ti cool e anticool. Entre os comentarios publicados o xurado, conformado polo equipo de Disquecool, escollerá o máis orixinal e enxeñoso.
– O gañador anunciarase en www.disquecool.com o día 10 de novembro. Contactaremos así mesmo co gañador a través do mail que deixe ao realizar o comentario. Os correos electrónicos requeridos á hora de realizar un comentario só serán utilizados para contactar co gañador, e non serán almacenados a posteriori en ningunha base de datos.
– Se no prazo de 10 días o gañador no reclama o seu premio, seleccionaremos un novo gañador.
Foto portada | Will Clayton
Boas!. Algo cool: Unha polaroid SX 70
Algo anticool: Unha familia uniformada con prendas Barbour ;-)
Algo cool: Unha churrascada
Algo anticool: Dicir que algo é cool, cando o que deberiamos dicir e que algo molón.
Algo cool: a cantidade e calidade da escena musical de Vigo e, en xeral, Galicia.
Algo anticool: que os bares de Vigo (que van de cools) cobren aos grupos por tocar.
cool:ir de botellón cunha botella de augardente de herbas e un xogo de tazas de sargadelos pra bebelo
anticool:por un cachecol do madrí ou do barsa na parte de atrás dun bmw
Algo cool: As nécoras!
Algo anticool: O toro de Osborne enriba do televisor.
algo cool: björk
algo anticool: carmen de mairena
Algo cool: Facer algo DIY
Algo anticool: dicir que algo é vintage cando realmente é basura
Algo cool: os refráns e frases feitas sobre moda e tendencias do tipo “rosa y rojo, puñetazo en el ojo”, aínda que sexan mentira
Algo anticool: levar tanta maquillaxe na cara que poidas perfectamente plantar patacas, grelos, pementos e aínda deixar unha parte en barbeito
¡Qué carallo de cool nin que ostias! O mais cool é nomear as cousas na nosa fermosísima lingua
O anticool: nomearlas noutras linguas e usar a expresión anticool ;)
Cool:
Ser galego é cool. ¿Non o notades ó viaxar? A xente de fora mólalle o noso acento, e non saben se subimos ou baixamos.
Ser galego é cool, porque a pesares do difícil que é medrar na nosa terra, amámola, sorrimos e “malo será”.
Ser Galego é cool porque temos unha gastronomía increíble, coa que me atrevería a dicir que só rivalizan en Euskadi.
Ser Galego é cool porque nesta terra non es feo, es riquiño. Inda que non pilles cacho, polo menos… malo será.
Ser galego é cool porque non hai aventura máis trepidante que ir de furanchos e tentar ligar ca filla do furancheiro. Logo igual toca atletismo, pero iso é outra cousa.
En definitiva, hai moitas cousas cool, pero dende logo, ser galego todalmente cool.
¿Anticool?
¿Vamos a Sanjenjo? É a morte.
Cool: descubrir algunha vella libretiña de notas de cando estabas en primaria e non poder deixar de rir en toda a tarde das cousas que pensabas hai quince anos….darte conta de que eres maior, pero que aínda segues conservando algo daquela nena.
Anticool: buscar cool na wikipedia e descubrir que é un xénero jazzístico! en principio, claro….cando cool empezou a ser cool???
cool: o outono gastronómico
anticool: os adornos de nadal en novembro
Cool: O gato cósmico e as increibles cousas que podes atopar no seu peto máxico
Anticool: fardar de calcetíns poñendo sandalias, por moi bonitos que sexan
Cool: o festival de Cans
Anticool: a “pasarela” Pontus Veteris
Cool é atoparse cunha redactora do disquecool nunha conferencia das do Hay festival de Segovia. Cool é falar con un tipo sudafricano ao que non coñeces de nada nunha estación de ferrocarril de Londres en cando te presentas como galego, este che espete “non sei que pasa pero ultimamente estou rodeado de galegos…”
Anticool: tou de acordo con Paula: é anticool decir cool en vez de decir “molón”
Algo cool: o Liceo Mutante de Pontevedra.
Algo anticool: o Liceo Casino de Pontevedra.
-Algo cool:
Ser fotógrafo, diseñador gráfico o dj.
-Algo anticool:
Tener una reflex y creerte fotógrafo, manejar dos comandos de Photoshop y creerte diseñador gráfico, poner discos en el bar de tu pueblo y creerte dj.
O máis cool é que che digan o que tes que facer, para despois facer, o que ti cres que debes facer.
O máis anticool é a ignorancia.
Cool é a maxia vintage do Alcatel One Touch Easy e cool é o resultado analóxico das cámaras de lomografía (hai algo máis bonito que estes aparellos?).
Anticool son todos os inspector Gadget da vida que andan a encher de graxa as pantallas táctiles de aritluxios Apple.
lo mas cool, la vuelta a la naturaleza, la comida de produccion propia,y a las energias renovables
lo anti cool, los tatuajes , los piercings ,y la comida basura.
Cool: Somos o que facemos.
Anticool: Somos o que dimos.
Viaxes no tempo
vs
Anclarse no pasado
Algo (súper) cool: apostatar
Algo anticool: rezar
Cool: Ler todo tipo de libros, ver todo tipo de pelis, escoitar todo tipo de música, disfrutar de todo tipo de arte, coñecer a todo tipo de persoas….en resumo, facer o que che pida o corpo!
Anticool: Apreciar só o que che din que é cool ou anticool ;)
cool > caldo galego á beira do Miño e un traballo que te gusta!
anticool > decir que é súpercool apostatar, ou inventarte que o finde pasado fumaches en boquilla mentres comprabas shusi, patatas con mahonesa e ketchup e un vinilo de The Decemberist ó saír do concerto de The National, concerto o que fuches coa camiseta de Life Aquatic e os teus amigos -os avogados e periodistas que ten o bar de moda e un grupo pop- que te escribían cartas con corazóns nos márxenes dende Bangalore, mentres teloneaban os Fleet Foxes na súa xira asiática, para impresionar a rapaza que está dicíndote que a acompañes o estreo do último de Wilco en Nova York cos Munford and Sons de teloneiros mentras só podes pensar no que te gustaría saber rezar para pedirlle ó de arriba que a invitación leve incluido o billete de avión e o aloxamento.
Cool: falar de tendencias en galego
Anticool: os ‘comecaldos’, persoas que relacionan o galego só co caldo, os celtas e a gaita.
Cool: el optimismo
anticool: la gente de mente cerrada
Cool: que las nuevas tecnologías permitan a la gente estar al día de lo que sucede en el mundo y animen a los jóvenes a estar informados
Anticool: que los políticos sigan pensando que somos idiotas
Cool: que as novas tecnoloxías permitan á xente estar ao día do que sucede no mundo e animen os mozos a estar informados
Anticool: que os políticos sigan pensando que somos idiotas
cool: converse wheapon
anticool: konverse ( compradas en un chino)
Cool: Quedar cos amigos á tardiña para botar “so unhas cañas porque mañá hai que traballar” e rematar de madrugada en bares de copas infernais.
Anticool: chegar con resaca ao traballo e pasar o día escoitando como os teus compañeiros debaten as caralladas das “benesestévanes” televisivas.
Cool: utilizar nos últimos quince anos o mítico reloxio Casio que che regalaron na comunión e que tanto che criticaron oa teus amigos para descubrir un día, e por eles mesmos, que “mola” i está de moda.
Anticool: creer que as ombreiras tipo xogador de rugbi que tanto te horrorizaban cando as usaba a túa nai nos anos 80 agora molan porque “son vintage”.
Anticool: deixar aparcado o meu carrazo de >40.000€ sobre a beirarrúa ou sobre unha praza reservada porque non me podo permitir camiñar máis de 100 m para mercar tabaco.
Cool: deixarlle unha nota tipo aparcascomoelculo.com ao suxeito “anticool” e seguir desfrutando de ir onde queiras na túa bicicleta/a pé
COOL: Unha hamaca no xardín en maio
ANTICOOL: Os cans e gatos con nomes aburridos como Terry ou Pancho