Cycle chic, bicicleta con estilo

Todo comezou cunha foto, posteriormente bautizada como ‘The photo that launched a million bicycles’, que o danés Mikael Colville-Andersen, xornalista, cineasta e fotógrafo, publicou sen agardar todo o que viría a continuación, e que rematou coa creación do fotoblog Copenhaguen Cycle Chic e a aparición de toda unha filosofía de vida sobre os pedais.

A imaxe reproducía algo nada extraordinario en Copenhague: xente que vai en bici sen necesidade de ir con roupa deportiva, ciclismo como algo cotiá, como un medio de transporte diario. Mulleres en tacóns, traxes de tweed ou minisaias, non impedían aos daneses subir a unha bicicleta e percorrer os 350 quilómetros de carril bici da capital mundial do ciclismo urbano. A foto tivo éxito na rede, e o concepto acuñado por Colville-Andersen, o ‘Cycle Chic’, materializouse no seu blog, que The Guardian cualifica como o Sartorialist sobre dúas rodas.

O concepto creceu, e na actualidade, máis de 100 cidades contan co seu propio blog no que depositan as estampas máis chic sobre os pedais. Londres, Barcelona, Sevilla, Lisboa, Nova York e París son algúns exemplos.

A iniciativa de Mikael Colville-Andersen, promotor tamén do Slow Bicycle Movement, deu lugar a un movemento mundial, unha tendencia da moda e o regreso da bicicleta como transporte para a paisaxe urbana. Como o propio autor explica no seu blog, Cycle Chic ten como obxectivo recuperar a cultura da bicicleta, ao mostrar como esta pode ser unha forma de transporte integral, respectable e viable, libre de roupa deportiva, e como pode xogar un papel vital no aumento da calidade de vida nas cidades.

Estamos desexando que Cycle Chic chegue a Galicia!

Foto portada | Luca Violetto

Foto interior |Mikael Colville-Andersen

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *