Dirty chic, a beleza do decadente

O decadente ten o seu encanto. Evoca tempos que imaxinamos mellores e aínda así atopamos no vello e desgastado algo fermoso, o carácter que só pode imprimir o paso do tempo. As pinturas desconchadas, as teas rachadas e os baúis oxidados poden significar abandono, ou poden facer do teu fogar un lugar acolledor e familiar. Esta é a filosofía do dirty chic, un estilo decorativo que aposta pola beleza do imperfecto e o esfarrapado, iso si, na dose adecuada.

Os mobles de madeira quebrada e pintura desgastada, os adornos de metal oxidado e as butacas de estilo vitoriano co tapizado desgastado ou incluso roto, son algúns dos elementos decorativos dos que se vale o dirty chic. Tamén as paredes nas que se aprecian as distintas capas de pintura coas que se foron vestindo ao longo dos anos, algunhas case borradas. Nos edificios de carácter máis industrial as gretas no cemento e os acabados irregulares son sinónimo de beleza, e as paredes de ladrillo non se agochan, senón que se destacan cunha leve man de pintura.

Pero quizais a clave do dirty chic é lograr o equilibrio e a harmonía entre o pasado e o presente, entre as pezas decadentes e as contemporáneas e de autor. Outro elemento de contraste son as plantas de interior, canto máis grandes mellor.

Mobles antigos, caixas de madeira, fotografías en branco e negro e unha pintura branca desgastada que deixa case á vista a parede de ladrillos. Vía Anchor Division.

As vidas dunha parede. Vía From Scandinavia with love.

O vivo e o morto. Vestixios de pintura, plantas e unha cadeira de autor. Vía Beautiful Spaces and Places.

Mobles rotos. Vía Oswaldsmill.


Unha voda con espírito dirty chic. Vía A Beautiful Mess.

Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *