Queridos amigos,
Se pensabades que os móbiles eran un produto de ultimísima xeración e que Apple era o máis do deseño, estades do máis equivocados. Nos anos 20 xa había móbiles, como ben nos mostra esta curta de Pathé (o servizo de noticias para cine da época) na que ven se ve a dúas modernas da época manexando o pouco menos que smartphone do momento. O mellor é que como antena empregan un paraugas: os móbiles do pasado son dignos de cando poñías a lata das Pringles para roubar mellor o WiFi do veciño e tamén moi apropiados para o clima de Santiago.
E se pensades que este vídeo é riquiño e máis falso que unha promesa dun alcaldable en período electoral…, deixade de malpensar. O vídeo é de verdade dos anos 20 e na época había móbiles. Chamémoslle X. En Wired fixeron un repaso por eses primeiros móbiles do pasado e na década dos 10 xa existía un teléfono para coches. Tiñas que enchufalo, iso si, ás liñas de telefonía que había nas beiras das estradas (vamos, que ti levabas o móbil, pero como non o enganchases fisicamente á rede claro o levabas). E o que as flappers do vídeo usan é en realidade un tipo de receptor de radio (elas si poden escoitar o que emite a rapaza pero non lle poden falar) aínda que na época había quen os vendía como unha ferramenta para dicirlle ao marido que trouxera bacon de paso que subía.
Vía Wired