Como sabedes, a nosa newsletter ten unha acabada de estrear vida. Seguramente xa esteas pensando en subscribirte (aquí, aquí) ou, se non estás aínda convencido, o farás cando acabes de ler este artigo. Continúa, continúa lendo.
– As newsletters son o novo retro-cool de internet. Lembrades os principios de internet, cando non había redes sociais e todo era un pouco menos rápido? Entón as newsletters molaban, porque facían que os contidos chegasen ao teu correo xusto no momento que era preciso e exacto. Eran a maneira de ter todo cando precisabas no momento oportuno!! Logo chegaron cousas máis modernas, o mail volveuse demasiado desfasado (e un tanto molesto) e as newsletters deixaron de molar porque ademais estabas suscrito a tantas que xa non daban resultado.
Pois tedes que esquecer todo iso porque as newsletters volven a molar. Resulta que en realidade nunca deixaron de ter éxito porque a xente seguía abríndoas e as marcas seguían mandándoas, pero as novas xeracións de medios están apostando por newsletters que son diferentes. Agora lévanse as newsletters temáticas, as que son pouco intrusivas ou as que permiten ver rapidamente cales son os contidos máis interesantes do publicado. Como apunta un curator deses poderosos da industria dos medios, os lectores seguen pedindo newsletters porque son unha fórmula simple e eficaz de acceder aos contidos. E ademais está agardando por ti na caixa de correo, non son efímeras como o social media.
– Non sae todos os días! E nesta reinvención das newsletters, o que as fai diferentes (ás newsletters modernas) é que non son cousa de todos e cada uno dos días do ano. Esas son as newsletters pouco atractivas, as que todos marcamos algunha vez como spam porque non nos apetece nin sequera darnos de baixa (menuda pereza…). As newsletters cool chegan cunha periodicidade limitada que fai que sexan algo pouco molesto e desexable. A newsletter de Disquecool sae nos primeiros días de cada mes e ten por tanto unha periodicidade mensual.
– Levará algún contido exclusivo que só poderás ver na newsletter. Non hai nada que nos guste máis que ser membros dun club exclusivo e a nosa newsletter decididamente é un deles. Os lectores que están subscritos non só recibirán un mail coas nosas mellores intencións cada mes senón que ademais atoparán un contido exclusivo que só eles verán (non, non, non estará na nosa web) que será unha sorte de agasallo mensual.
– Cada vez que recibimos un mail avisando de que temos un novo subscriptor, subimos uns puntos na escala da felicidade. Non hai nada máis importante que a felicidade (seguro que algunha cunca do ubicuo Mr. Wonderful o di) e para nós, que queredes que vos digamos, a nosa propia felicidade é unha cuestión bastante importante. Como vós sodes unhas moi boas persoas, que nós sexamos máis felices é algo que vos preocupa e vos motiva para actuar, como se forades superheroes, fadas ou unicornios que escupen purpurina. Moito máis sinxelo que ser Amélies da vida e cambiarlle a vida aos demais e subscribirse á nosa newsletter.
– É adecuada para calquera estado metereolóxico. Se chove, da material para entreterse con sofá e mantiña. Se vai sol, podes levala para ler na praia no teu smartphone. Non é perfecta e deliciosamente riquiña a nosa newsletter? E como en Galicia o principal motivo de preocupación é o tempo, ides ver que a nosa newsletter será un éxito.
– É o antidoto perfecto para as charlas absurdas de ascensor. Unha das peores experiencias de ascensor é quedar atrapado cun veciño ao que dar conversación e non saber de que (ben, tamén está a experiencia real dun membro da redacción de Disquecool que vivía nun edificio cun noxento can que cheiraba a trapo vello: subir con el no ascensor era unha experiencia dificilmente empeorable) Ao final imponse a charla do tempo (vai bo tempo ultimamente, vexamos o que dura ou a variante xa podería deixar de chover) ou se é un veciño-malvado escoitar queixas sobre os demais veciños e as cousas que non se fan ben no edificio. Todo isto é claramente evitable se se recibe a newsletter de Disquecool. Seleccionados irán uns cantos temas que darán para falar de cousas moito máis interesantes.
– Cando cheguemos a 1.000 subscriptores faremos algo emocionante. Non vos emocionedes que non imos rapar o pelo ao cero (nin lanzar a revista de papel que todos queremos) pero si faremos algo decididamente cool. 1.000 é un número máxico!!
E despois de todo isto: si, tes que subscribirte aquí
Foto Jonny Hughes