Que rápido pasa o tempo, non? Parece que Disquecool empezou hai nada e que foi onte cando argallamos cos rapaces de Coconut Producciones o primeiro sorteo para un Festival Voces Femeninas… pero xa o facemos por cuarta vez! Como quen volve polo Nadal, a finais de ano volven sempre a nós (ou volvemos nós a eles) o Culturgal e Voces Femeninas. Dúas das nosas tradicións preferidas! Pero deixémonos de sentimentalismos, imos ao que vos interesa. Xa lestes o titular e xa sabedes de que vai isto. Hai un sorteo, si, pero falemos un pouco de música antes. Quen vai este ano ao Voces Femeninas?
Temos por unha banda a tUnE-yArDs, o proxecto da americana Merrill Garbus, que fai unha música tan difícil de explicar que o mellor e aforrar as palabras. Porque seguro, seguro, seguro que nos quedaríamos curtos. Orixinal ata dicir basta, gaña varios enteiros, din todos, cando se sube a un escenario. Tocou hai nada no programa Later with Jools Holland e deixou impresionado ao mesmísimo Robert Plant (si, si, o de Led Zeppelin), que era tamén invitado no programa. Isto hai que velo, non?
A outra protagonista da noite será Ólöf Arnalds, unha desas artistas de voz perfecta e distinta, de melodías cheas de beleza, de secuencias que nos trasladan á súa Islandia natal. Foi membro en directo de múm durante cinco anos, colaborou con Björk e, o mellor, leva xa catro álbums en solitario nos que desfrutar de todo isto. O último, ‘Palme’, acaba de saír á luz en dúas versións: unha en inglés e outra en islandés. Así hai para todos os gustos (ou para saciar sedes de coleccionismo).
Queres ir, non? O Festival Voces Femeninas 2014 terá lugar os vindeiros 26 de novembro en Madrid, 27 en Ourense e 29 en Vigo. Para estes dous últimos concertos, o de Ourense e o de Vigo, sorteamos dúas entradas dobres. Que tedes que facer? O que vos pedimos sempre: deixar un comentario nesta entrada contándonos quen tocaría no voso Festival Voces Femeninas ideal, indicando tamén se queredes entrada para Vigo ou Ourense. Ideal significa que aceptamos tamén a artistas que xa non vivan, porque soñar non ten límites, xa sabedes. Deixade o comentario antes do día 9 de novembro ás 23:59. Faremos o sorteo o día 10 e enviaremos un mail aos gañadores, que deben contestar antes do día 14 ás 23:59. Se non temos resposta, repetiremos o sorteo.
Sorte!
Boas rapazas:
Supoño que o meu Voces Femeninas ideal sufriría unha “woodstockización”, traendo a Janis Joplin e a Joan Baez.
A influencia que tiveron nas cantantes posteriores foi inmensa.
Por certo, se me toca vou a Vigo!
Como soy una catalana adoptada en Vigo me gustaría escuchar en mi nueva casa una artista consolidada como es Sílvia Pérez Cruz y una joven promesa Maria Ribot.
Bicos e grazas!
Pois no meu virían Hindi Zahara e Yolanda Soares. Saúdos, eu iría a Ourense. Obrigada.
Cesárea Ëvora. Non sei xa que facer para resucitala
Cesárea Ëvora. Non sei xa que facer para resucitala.Váleme Vigo e Ourense. Carreira dun can por escoitalas a todas
Bo día!
No meu, un ano máis, PJ Harvey e coido que repetiría Sarah Jaffe.
Eu iría a Vigo. Grazas!
Bo día!
ó meu Voces femininas virían Ana Bacalhau e Chavela Vargas, voces con pesonalidade.
Eu iría a Vigo!
Grazas!
eu traería a Lauryn Hill e máis a Natalia Lafourcade, as dúas, en cadanseu estilo, teñen unhas voces poderosísimas
por certo, entrada para Vigo…
Ola,
Juliana Hatfield.
Eu iría a Vigo.
Moitas grazas.
Regina Spektor.
Vigo.
Susanne Sundfør sería a miña voz escollida!
(Vigo)
Probablemente Beach House, con su vocalista Victoria Legrand al frente!
Probablemente Beach House, con su vocalista Victoria Legrand al frente!
Ourense
Me encantaría que volviera a Ourense Holly Miranda, maravillosa voz
Patti smith!!!! Vigo
Bo día,
Hai tanto onde elexir que é dificil elexir a unha sóa muller:
Feist, Cat Power, Fever Ray, Roisin Murphy, Grimes…
Calquera delas vale!
(Vigo)
Boas! No meu tocaría Iamamiwhoami e Jessie Ware. (VIGO).
Pois…hoxe estou guerrileira..así que Aretha podería ser unha ocpión estupenda,,,,así como Sés, por iso de tirar pra terriña. Eu iría a Vigo ^_^ sorte!!
ola!
eu escollería a lisa gerrard, e repetiría con wendy mcneill…
eu iría a vigo, grazas!!!
Boas , elixiria a Sóley Stefánsdóttir , xa que este ano ven Olof Arnalds pois o que ven Sóley.
Entrada pra Ourense
yo traería a Patti Smith por un lado, a Chavela Vargas y Lila Downs por otro lado, a Cesária Évora y, por qué no, a la mismísima Lola Flores!
iría a Ourense o Vigo
¡Buenos días!, me encantaría oír a Sílvia Pérez Cruz y resucitar a tantas …. suerte a todos.
Entrada para Vigo.
Moi bo día! a verdade é que hai tantas e tantas voces femininas para nomear… pero como todas non se poden citar quédome con: Lesley Gore e Mayra Andrade. De me tocar iría a Vigo. Grazas!
Ola! Eu pediría a Lhasa de Sela que nos deixou demasiado pronto, a Annie di Franco porque a volvín escoitar e segue super auténtica e a Amparo Sánchez porque é, das mais cercanas, a mellor. En Ourense.
PJ Harvey, Cat Power, Sharon Jones and the Dap-Kings….
Entrada para Vigo. Inda que Ourense tampouco estaría mal :)
Disfrutaría escoitando e sentindo a Savina Yannatou e Camila Moreno. Quen sabe…pode que algún día!
Apertas cariñosas!
P.D. Vigo é onde habito.
Bo día! Eu quédaríame vendo e escoitando a Buika toda unha noite.
PD: no caso de que me tocase iría a Ourense.
Seria tão bonito poder escutar vozes brasileiras e portuguesas, saborear as delícias que estão presentes nesta língua tão próxima ;)
Adoraria que estivesse presente a Adriana Calcanhotto, Maria Rita, Carminho, Luisa Sobral, Maria Bethânia, Mariza, Vanessa da Mata…e outras tantas.
No caso que tivesse a sorte de ganhar as entradas gostaria de ir a Vigo.
Muito obrigada.
Beijocas carinhosas.
Camille
Seria genial escuchar a Andrea Echeverri (Aterciopelados) por estas tierras. Voces Femeninas Vigo!
O meu voces femeninas ideal seiria composto polas tres cantautoras vivas que levan anos acompañandome na miña vida son a polifacecita KT TUNSTALL; a enormisima BRANDI CARLILE e como non HOLLY MIRANDA a que tiven o enorme placer de escoitar no vf de fai dous anos! pd: a enteadas gustarianme para a edicion de vigo grazas
Propondría a: Lula Pena, Adriana Calcanhotto, OUM. Me gustaría ir a VIGO!!
Vigo
St. Vincent
Silvia Pérez Cruz
Marta Ren & The Groovelvets
A min encantaríame ver a Wild Flag e a Neko Case no Voces Femeninas. E encantaríame que me tocasen as entradas para Ourense.
Janis Joplin, Maika Makovski e PJ Harvey sería un gran festival. As entradas para Ourense.
Ellis Regina, Likke Li e Regine Chassagne a cantar juntas músicas tradicionais.
quero bilhetes para OU ainda que aceitamos Vigo como sítio a evitar :)
Gostaríame ter visto en Ourense a Ella Fitzgerald ou Nina Simone, pero vai ser que non.
Carla Morrison! En Ourense :)
Poñédeme unha V despois do nome para distinguir que vin que hai outra Lupe :) (Ola!) E sigo querendo a Carla Morrison en Ourense :P
Ellis Regina que estás nos ceos…
(Vigo)
Elis (que non Ellis, pedazo burro) ;)
Que tal se convences a The Breeders, a banda das irmás Deal, para achegarse por aquí a tocar un pouco? Entrada para Ourense
gustariame ver a Alison Krauss
iria a Vigo
gracias e saudos
Para o meu voces femeninas traería a Nina Simone a Vigo :)
Ola! Pois eu ficaría encantada con Au Revoir Simone, Electrelane, St. Vincent….E gustariame a entrada para Ourense :)
Ola!
Ai se viñera Agnes Obel a Vigo!
Imáxinadevos no García Barbón de Vigo a PJ Harvey…
Boas! Pois eu de poder resucitar alguén, faría revivir a Nina Simone e incluso lle deixaría un escenario por Ourense!
Bo dia , xa de elexir traeria a tujiko noriko, entradas para Ourense
Se tivese que elexir, ó meu festival irían Blues Pills, Jefferson Airplane, Patti Smith, Jess & The Ancient Ones e Wye Oak.
Eu preferiría Vigo.
Para min é idel o Voces Femeninas 2014. Quería entradas para Ourense.
Fai anos namorei de First Aid Kit, gostaría tanto dum concerto delas em terras galegas :) (Vigo)
http://www.youtube.com/watch?v=gekHV9DIjHc
O universo está cheo de estrelas que iluminan os bos e os malos momentos:Nina Simone,Allo Darling,Holly Throsby,Cowboy Junkies,Holly Throsby,The Sundays, Cat Power,Vainica Doble,Cristina Lliso,Wye Oak,Jane Birkin,Françoise Breut,Feist,CarmeLinares,Grouper,Sharon van Etten,Hope Sandoval,Françoise Hardy,Holden,Feist,
Leni stern,Alin Coen, Françoise,Françoise Hardy,Taken by Trees, Gianna Nanini,kirsty Maccoll.
Digo Vigo.
Oliñas.
MMM a min gústaríame Deolinda, ou Mercedes Peón ou Ses. E no caso de ter o día afortunado, as entradas para Ourense. Graciñas!
A mín gustaríame ver en Vigo a PJ Harvey e Françoise Hardy.
Graciñas polo sorteo, a ver se hai sorte!
Ola!
A min encantaríame poder ver en directo a Adriana Calcanhoto, Mayra Andrade, Lura… que lle vou facer, vanme as lusas!
Por proximidade, Vigo. Beijinhos!
Boas. Eu votaría por ver a P.J. Harvey. Mellor en Ourense
Eu estaría encantada se viñera Silvia Perez Cruz e Fatoumata Diawara! :) Escollo Vigo.
Me encantaría Regina Spektor…
En Vigo.
Gracias
Iría ata Vigo a pé para ver a Florence Welch, de Florence and the Machine.
Grazas!
Encantaríame ver a Zaz.
Escollo Vigo.
Grazas!
Resucitaría a Amalia Rodrigues para vela en Vigo.
Grazas.
A min encantaríams ver a Patti Smith ou Joan Jett. Escollo Vigo :)
Un concerto de PJ Harvey. Iría a Vigo
Seria fermoso gozar com Bassavoce: Teegan Jeffers (baixo) e Gillian Snider (voz). https://www.youtube.com/watch?v=P33zJ7W2of0
Também desfrutar de uma noite mágica com tUnE-yArD e Ólöf Arnalds no concerto deVigo!!
Pois eu decántome polas galegas: Monica de Nut e Najla Shami.
E iría a Ourense. Graciñas!
Neko Case e El perro del mar a Vigo! :)
Cat Power sería una buena opción…otra Julia Holter…….
Power sería una buena opción…otra Julia Holter…….Vigo
Encantaríame ver en directo á gran Elefthería Arvanitáki, preferiblemente en Ourense. Graciñas
Vou ser pouco orixinal, pero a min tamén me gustaría ver a PJ Harvey en Vigo.
Saúdos!
Billie Holiday a Vigo
Das imposibles… Lhasa de Selha, billie holliday, cesarea evora…
das posibles… pj harver, cat power, mayra andrade, sara tavares, deolinda,…
Olas a todas.
Eu iría certamente a un concerto da grandísima cantora galega Ugia Pedreira. De resucitar resucitaría a Amalia Rodrigues.
Iría a VIgo
Eu achegaríame a Vigo para disfrutar dunha eterna Eva Cassidy ou para escoitar a Elena Tonra, de Daugther.
Saúdos!
Ola! Eu resucitaría a Janis Joplin e a Nico e faría un supergrupo molón xuntándoas con PJ Harvey, Patti Smith, Laurie Anderson e Grimes… en Vigo ;)
A min en Vigo gustaríame moito ver a Ashley Paul e a Janelle Monáe!
Sorte!
estaría moi ben Regina Spektor, María Rodés, Zaz….
Ola! Molaríame Vigo. E no festival estarían Lia Ices e Capicua. Gracias!