Voces Femeninas 2014: de Nova Inglaterra a Islandia

vf

Un ano máis, chega o outono, coas súas temperaturas máis baixas, os días algo máis grises e a preparación para o inverno. Sería fácil caer na depresión ante o que vén por diante, pero afortunadamente o outono trae tamén cousas boas: volven os concertos e, entre eles, volve o festival Voces Femeninas que organizan cada ano a finais de novembro desde Coconut Producciones. Xa sabemos quen tocará este ano e é bastante impresionante: tUnE-yArDs e Ólöf Arnalds.

Seguro que as coñeces, verdade? Ambos proxectos son bastante coñecidos xa, grazas á súa presencia en festivais (tUnE-yArDs, especialmente) ou a ser un deses nomes que escoltamos unha e outra vez ao falar de música que chega desde Islandia, no caso de Arnalds. Pero vaiamos de unha en unha.

tUnE-yArDs é o proyecto de Merril Garbus, unha rapaza de Nova Inglaterra que vén xa con moitos anos de experiencia ás costas e tres discos para os que sempre se utilizan as palabras “orixinalidade” e “innovación” ao falar deles. E os discos están ben, moi ben, pero o importante, di toda a dente que a ten visto en directo, é o que acontece caneo se sube a un escenario. Algo así:

No caso de Ólöf Arnalds, tampouco falamos de alguén novo no panorama musical. Foi membro de múm en directo durante cinco anos, colaboradora de xente coma Björk e curmá doutro músico islandés deses que fascinan fóra da illa, Ólafur Arnalds. Pasou de cantar en islandés a facelo en inglés, aínda que non se limita a iso: o seu traballo final na Academia Islandesa das Artes, na que se graduou, estaba cantado en 17 idiomas. Agora está a piques de publicar o seu cuarto álbum, ‘Palme’. A xente compáraa con Joanna Newsom ou Björk (máis pola relación de colaboración entre ambas que porque se parezan), pero o mellor, coma sempre, é escoitala.

Cando veremos a tUnE-yArDs e a Ólöf Arnalds? Será o 26 de novembro en Madrid, o 27 en Ourense e o 29 en Vigo. Será xa a sétima edición de Voces Femeninas e temos moitas, moitas ganas!

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *