Despois de anos de traballo e de meses de espera unha vez que o ICANN incluíu o .gal entre os próximos dominios, o punto gal xa está – de forma real e tanxible – entre nós. As primeiras webs que empregan o dominio (podedes atopar a lista das 93 ao final do artigo) xa están na rede. Hoxe, día 25 de xullo, as primeiras webs con enderezo rematado en .gal están online.
Como nos explicaban hai uns meses dende a asociación Puntogal, que foi quen traballou para conseguir o dominio, os pioneiros, que estrean o enderezo, son institucións, empresas ou medios de comunicación que desexan empregar o .gal. Os 93 primeiros foron escollidos entre as 134 candidaturas presentadas e, como explicaban na presentación das primeiras webs .gal, a selección final fíxose “segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estean representados”.
Pero ser un deses privilexiados foi algo que non saíu gratis (ou low cost). Saía entre os 400 euros que lle custaba ás entidades sen ánimo de lucro e aos particulares e entre os 3.000 euros que tiveron que pagar as empresas. A cambio, os pioneiros conseguiron un domino .gal uns cinco meses antes que os outros interesados, o que lles permitiu ser máis hábiles á hora de quedar cos nomes existentes que os próximos rexistrados. Isto é interesante especialmente cando o que se quere é quedar cun dominio dos que espertan máis interese, como por exemplo podería ser galego.gal. (E por certo – é aínda que xa é posible teóricamente que funcionen – moitos destes enderezos .gal dan fallos, porque non están realmente activos: parabéns, por exemplo, a R por traballar en festivo e facer que www.mundo-r.gal vaia. Podedes sumar nos comentarios os outros .gal que foron realmente activados)
Para os demais haberá que agardar ata dentro duns meses, cando o rexistro se abra a todo o mundo (alá polo mes de decembro) e cando os prezos sexan similares aos que pode supoñer rexistrar un dominio calquera. As únicas regras serán as de “conter contido mínimo significativo en lingua galega” ou ter “contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña especificamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento”.
A lista dos dominios pioneiros facilitada por Puntogal
25dexullo.gal: Xunta de Galicia
academia.gal:Real Academia Galega
adega.gal: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
aetg.gal: Asociación Enxeñeiros Telecomunicación de Galicia
agasol.gal: Asociación de Emresas Galegas de Software Libre (AGASOL)
age.gal: Alternativa Galega de Esquerda
amesa.gal: A Mesa pola Normalización Lingüística
amigosdopatrimoniodecastroverde.gal: Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
anova.gal: Anova – Irmandade Nacionalista
ascatedrais.gal: Concello de Ribadeo
atriga.gal: Axencia Tributaria de Galicia
avelinodiaz.gal: Hadrián Fernández Eiros “Ardao Eiros”
avogacia.gal: Consello da Avogacía de Galicia
avozdevilalba.gal: Asociación Cultural A Voz de Vilalba
axendadixital.gal: Xunta de Galicia
bng.gal: Bloque Nacionalista Galego
cabana.gal: Cabana Bergantiños
cambre.gal: Cambre
carballo.gal: Carballo
castrelo.gal: Castrelo de Miño
catedraldesantiago.gal: Catedral de Santiago
ccoo.gal: CCOO de Galicia
celta.gal: Real Club Celta de Vigo S.A.D.
cesga.gal: Fundación Centro Supercomputación de Galicia
cidadedacultura.gal: Cidade da Cultura de Galicia
clustertic.gal: Cluster TIC de Galicia
codigo.gal: Grupo Código Cero Comunicación
compromiso.gal: Compromiso por Galicia
concellodemanzaneda.gal: Manzaneda
consellodacultura.gal: Consello da Cultura Galega
cpeig.gal: Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia
crea.gal : Asociación CREA directores y realizadores de Galicia
crtvg.gal: Compañía de Radio-Televisión de Galicia
csif.gal: Central Sindical Independiente e de Funcionarios de Galicia
ctnl.gal: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
cultur.gal: Jose Manuel Aldea Moscoso
cultura.gal: Xunta de Galicia
deputacionlugo.gal: Deputación provincial de Lugo
dinahosting.gal: Dinahosting
editorialgalaxia.gal: Editorial Galaxia, S.A.
elcorreogallego.gal: Editorial Compostela, S.A.
fegamp.gal: Federación Galega de Municipos e Provincias
feijoo.gal: Partido Popular
fundacioncastelao.gal: Fundación Castelao
fundacionislacouto.gal: Fundación Isla Couto
fundacionoteropedrayo.gal: Fundación Otero Pedrayo
gadis.gal: Gadisa Retail S.L.U.
galicia.gal: Xunta de Galicia
galiciacalidade.gal: Galicia Calidade
galiciaconfidencial.gal: Xurimaru Servizos de Comunicación
galizacig.gal: Confederación Intersindical Galega – CIG
goberno.gal: Xunta de Galicia
isoc.gal: Internet Society
lavozdegalicia.gal: La Voz de Galicia S.L.U.
liceodenoia.gal: Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia
lingua.gal: Xunta de Galicia
mundo-r.gal: R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A
museodopobo.gal:Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego
ordes.gal: Ordes
oval.gal: Cooperativa Santa María do Val S.C.G.
parlamento.gal: Parlamento de Galicia
pgl.gal: AssociaÇom Galega da Lingua (AGAL)
ponteceso.gal: Ponteceso
pontevedra.gal: Concello de Pontevedra
portaldaspalabras.gal: Real Academia Galega e Fundación Barrié
ppdegalicia.gal: Partido Popular
praza.gal: Fundación Praza Pública
presidente.gal: Xunta de Galicia
prolingua.gal: Asociación Cultural Prolingua
psdeg-psoe.gal: PSdeG
R.gal: R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A
radiofusion.gal: Emisoras Municipais Galegas
radiogalega.gal: Compañía de Radio-Televisión de Galicia
rcdeportivo.gal: Real Club Deportivo de La Coruña
redondela.gal: Concello de Redondela
reizentolo.gal: Rei Zentolo, S.L.
ribadeo.gal:Ribadeo
sermosgaliza.gal: Sermos Galiza, S.A.
snccoo.gal: CCOO de Galicia
socialistas.gal: PSdeG
teleco.gal: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
televisiondegalicia.gal: Compañía de Radio-Televisión de Galicia
teo.gal: Teo
turismo.gal: Xunta de Galicia
udc.gal: Universidade da Coruña
usc.gal: Universidade de Santiago de Compostela
uvigo.gal: Universidade de Vigo
valedordopobo.gal: Valedor do Pobo
veciñosporlugo.gal: Veciños por Lugo
vilardesantos.gal: Vilar de Santos
xerais.gal: Edicións Xerais de Galicia
xornalistas.gal: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
xunta.gal: Xunta de Galicia