Ao parecer, cos hipsters chegou o boom dos cafés (polo menos en Estados Unidos, aquí diría que nunca estiveron de capa caída). Pero non de cafeterías normais, a onde vas facer a pausa do café no traballo ou onde tomas un té para entrar en calor tras un par de horas pola rúa. Non, cafeterías con carácter, diferentes, únicas, e polo tanto, cool.
Hai unha serie de premisas que sempre triunfan nos cafés hipster, como poden ser o deseño orixinal ou o ecoloxismo (en certo xeito sofisticado, non confundir cos hippies), pero vale calquera aspecto diferencial. Xa falamos aquí de cafés onde pagas por minuto, e hoxe veremos 10 propostas ao redor do globo que parecen interesantes, e que non estaría de máis traer aquí (algunhas pode que xa existan, queremos nome e enderezo).
1. Mobles de cartón
Os materiais reciclados e reciclables son sempre un puntazo, especialmente cando acadan un grado de beleza que pensabamos imposible. Encántannos os mobles de cartón e encántannos as cafeterías que optan por eles, como Trash Cafe, en Newcastle, creada por 18 estudantes con cartón e botellas de plástico. Iso si, foi só unha pop-up cafetería (concepto xa de por si hipster, claro).
2. Mais espazos eco-friendly
O Fastvinic cafe, en Barcelona, está deseñado (e ten unha certificación LEED Gold que o corrobora) con elementos sostibles, que poderían reciclarse unha vez desmantelado o local, e iso inclúe incluso os envases dos alimentos que son 100% biodegradables. Polo demais ten un estilo industrial matizado por plantas “para a rexeneración de oxíxeno”.
3. Lectura dixital
O Box Coffee Shop en Split, Croacia, substituiu os vellos xornais por iPads a disposición dos clientes. A verdade é que ler en papel ten moito máis encanto, pero a proposta de este café non deixa de ser interesante.
4. La e agullas
A calceta tivo o seu boom hai un par de anos, pero segue sendo interesante a proposta do Big Knit Café, en Bangkok, onde entre café e pasas che serven un ovillo de lá. Un dos atractivos do lugar é que é un punto de encontro de vellas calcetadoras de toda a vida, con modernas adeptas o knitting. Aquí o día de calcetar en público é cada día.
5. Para traballar
Cada vez son máis os que non contan con oficina permanente, e aínda que aquí hai moitos sitios onde un pode traballar comodamente, en Estados Unidos hai un café ( Cafe Craft) que esta destinado especificamente a ese público (escritores, xornalistas freelance…), e que para iso conta con acceso a Internet (of course) unha decoración conceptual que invita á concentración, e sobre todo, ningunha presión para que consumas.
6. Estudio de tatuaxe
No Horror Picture Tea de París, de paso que che fas un tatuaxe, podes beber un te e escoitar música en directo. De feito, o espazo mestura cafetería, tenda, sala de concertos, restaurante, galería de arte e, por suposto, estudio de tatuaxe.
7. Estilo picnic
O cafe The marshmallow tree en Singapur, quere facer que che sintas como se estiveses de picnic: a entrada está enmarcada por arbustos, os asentos son bancos de madeira corridos, nos pés hai céspede artificial e ata a barra está forrada con falsa herba. No teito, pintado de azul, podemos ver algunhas nubes. E ata teñen unha randeeira!
8. Con bicicletas
Cada vez é máis frecuente ver espazos onde se mesturan dúas paixóns dos hipsters: o café e as bicicletas, e a cafetería La bicicleta, en Madrid, é só unha proba máis disto. Alí podes ir coa túa bici, inflar as súas rodas, atopar libros sobre o tema ou simplemente tomar un café e comer algo (san).